- Enlaces: http://praza.com/cultura/6574/o-rural-t ... ual-galegoCarlos Velo Cobelas, nado nos Pereiros (Cartelle) o 15 de novembro de 1909 e morto en México, onde viviu exiliado, o 1 de marzo de 1988, foi un cineasta galego e figura clave do cinema mexicano.
Naceu nunha pequena aldea, onde o seu pai exercía de médico. De rapaz, trasládase á cidade de Ourense a estudar o bacharelato e despois Maxisterio. Nesta época coñece a Vicente Risco e da súa man embébese de galeguismo. Agroma tamén nestes anos a súa dobre vocación pola bioloxía e polo cinema. Por decisión familiar trasládase a Madrid para realizar a carreira de medicina, pero Velo decántase pola bioloxía.
http://www.festivaldecinecarlosvelo.com
I Festival Internacional de Cine Carlos Velo
- Velo: http://apelidosgalicia.org/Velo-2724
- Cobelas: http://apelidosgalicia.org/Cobelas-1017