Con poucos meses de diferencia cúmprense dez anos da desaparición inesperada de dúas das poetas máis singulares da súa xeración. Xela Arias e Luísa Villalta deixaron na memoria unha obra intensa e unha lembranza viva que agora a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega revisita nunha xornada que terá lugar o próximo día 26 de marzo. “Xela Arias e Luísa Villalta: Letras, interartes, proxectos na fin de século”, é o título da xornada coordinada por Ana Romaní e Arturo Casas que traerá á memoria dúas figuras claves da cultura galega contemporánea dez anos despois do seu falecemento. http://www.sermosgaliza.com/articulo/cu ... 24565.html
A Vilerma (Maside, concello de Sarria): Homenaxe da AELG a Xela Arias
Descubrirase unha placa na casa familiar, na que viviron a autora e mais seu pai, Valentín Arias, quen foi cofundador e presidente da Asociación de Tradutores Galegos. Despois da intervención do presidente de AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, continuarase coa lectura de textos de Xela Arias por parte das escritoras e o escritor Antía Otero, María Xesús Nogueira, Marica Campo e Xulián Maure. [...] http://axendaaelg.blogaliza.org/2014/09 ... xela-arias