Enrique Peinador Lines, empresario galeguista

Historia de personaxes
Respostar
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18514
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Enrique Peinador Lines, empresario galeguista

Mensaxe por serba » 08 Abr 2014, 17:09

O dono do Gran Hotel-Balneario de Mondariz desenvolveu, ao longo de toda a súa vida, un activo labor de mecenado de numerosas iniciativas culturais galegas.
Vistas de Mondariz cara a 1920.http://www.realacademiagalega.org/image/image_gallery?img_id=245058&t=1396950457400 As propiedades medicinais das augas do manancial de Troncoso, en Mondariz, eran xa coñecidas desde o século XVIII grazas á publicación, en 1772, de Descripción de las 54 fuentes minerales del Reyno de Galicia, do estudosos Pedro Gómez de Bedoya, pero non é ata 1873 cando Enrique Peinador Vela (1847-1917) decide fundar o Gran Hotel-Balneario de Mondariz nesta paraxe, que acadará, andado o tempo, sona mundial como un dos mellores establecementos na súa categoría, e que mereceu mesmo a visita do monarca Alfonso XIII en abril de 1919.
Pero será o seu fillo, Enrique Peinador Lines (1880-1940) -xerente do Gran Hotel a partir de 1907, membro correspondente da Academia, do Partido Galeguista e socio protector do Seminario de Estudos Galegos desde a súa fundación en 1923- o que ha converter Mondariz nun dos principais centros de promoción do activismo galeguista durante o primeiro terzo do século XX e ata a chegada da Guerra Civil.
http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18514
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

«Peinador morreu de pena tras o fusilamento do seu fillo»

Mensaxe por serba » 05 Mai 2016, 15:46

«Peinador morreu de pena tras o fusilamento do seu fillo»

O Foro Peinador inaugurará hoxe, ás 12.00 horas, un monumento ao empresario galeguista Enrique Peinador Lines nos xardíns da Escola Universitaria de Estudos Empresariais, na rúa Torrecedeira. Pouco despois, xa no salón de actos da escola, terá lugar a presentación da biografía que sobre o impulsor do balneario de Mondariz fixo o profesor Ricardo Gurriarán Rodríguez.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vi ... C10997.htm
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18514
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Enrique Peinador Lines, a historia dun empresario científico

Mensaxe por serba » 07 Feb 2018, 10:40

Foi un empresario audaz, adiantado ao seu tempo e comprometido co seu país. Un filántropo protector da cultura galega. E un industrial con vocación científica. Enrique Peinador Lines soubo continuar e engrandecer a obra do seu pai, o médico Enrique Peinador Vela, fundador da empresa de Augas de Mondariz e do seu Gran Hotel Balneario.

Eduardo Rolland - http://www.gciencia.com/historias-gc/en ... cientifico
Poblada soledad es hoy el mundo.

Respostar