<<Avelino García, un dos poucos cesteiros tradicionais>>
Publicado: 19 Dic 2015, 16:03
Carlos Rueda, Francisco Albo | Monforte
Pincelo, un reduto da cestería tradicional á beira do Miño
O artesán Avelino García mantén viva en Chantada una técnica que se perdeu en moitos lugares
A aldea chantadina de Pincelo, pertencente á parroquia de San Vicente da Sariña e situada xusto á beira do Miño, destaca na Ribeira Sacra pola súa espectacularidade paisaxística. Pero tamén posúe unha peculiaridade dun carácter moi diferente. É o fogar de Avelino García, un dos poucos cesteiros tradicionais que quedan en activo no sur lucense e en toda Galicia. O oficio foi en tempos un dos que tiñan máis demanda no mundo rural, sobre todo nas actividades relacionadas cos labores agrícolas e a pesca. O abandono das poboacións rurais e a industrialización dos utensilios fixeron que as vendas dos cesteiros diminuísen e que o antigo oficio desaparecese da maioría dos lugares onde estaba presente. Non é o caso de Avelino García, que con 85 anos cumpridos segue traballando coas vellas técnicas que foron descritas por Xaquín Lorenzo e outros etnógrafos.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/le ... 8C5991.htm