Eduardo Lence Santar y Guitián (Cronista oficial de Mondoñedo)

Historia de personaxes
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Eduardo Lence Santar y Guitián (Cronista oficial de Mondoñedo)

Mensaje por serba »

Antonio Reigosa

O 25 de abril deste 2017 cúmprense cen anos do nomeamento de Eduardo Lence Santar y Guitián como Cronista oficial de Mondoñedo. Exerceu case corenta e tres anos este cargo honorífico, sen remuneración nin contraprestación de ningún tipo, coa entrega dunha encomenda profesional desde o 25 de abril de 1917 ata o seu falecemento, acontecido o 14 de xaneiro de 1960.

http://cadernodeantonioreigosa.eu/2017/ ... -mondonedo
Nado en Mondoñedo o 16 xullo de 1876 e finado na cidade o 14 de xaneiro de 1960, Lence é un autodidacta sen formación académica, gran observador e interesado pola lectura. É ademais un prolífico escritor e pertence a diversas institucións relacionadas coa cultura e encargadas de divulgala.

Así, e membro da Real Academia Galega dende 1905, membro do Instituto Histórico do Minho de Viana do Castelo dende 1922 e membro do Congreso de Estudios Sociales de Madrid dende 1945.

Ademais foi nomeado Cronista Oficial de Mondoñedo en 1917, cargo que desempeñará ata a súa morte e en 1949 o Goberno outórgalle a encomenda Orde Civil de Afonso X o Sabio.

Lence é autor prolífico, tanto en cantidade de obras como en variedade das mesmas. Desde 1907 publica artigos históricos referidos a Mondoñedo (entendida esta como cidade, diocese ou territorios que constituían a antiga provincia) en xornais de Galicia, La Habana e Buenos Aires.

http://www.concellomondonedo.es/portal_ ... MenuPN=236
- http://www.terraetempo.gal/print.php?artigo=1877
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder