http://fervenzasliterarias.gal/index.ph ... -de-cangas
serba escribió: ↑21 Feb 2016, 18:47Casais medievais e xenealoxía dos Varela. // X.D.A piques de cumprirse o 10 de abril, 856 anos da primeira mención documental de Cangas, un traballo do filólogo José António Souto Cabo veu botar luz sobre a identidade de Varela, aquel nobre a quen o rei Fernando II lle fixera doación da herdade de Cangas en 1160 e tamén sobre o trobeiro Xoham de Cangas que escribe a mediados do século XIII. Con motivo da publicación en 1997 do traballo sobre o 380 Aniversario do desembarco dos turcos en 1617 e na contextualización histórica que fixemos, tentamos xa botar luz sobre a identidade do Varela que figura no documento máis antigo que menciona a Cangas.
http://www.farodevigo.es/portada-o-morr ... 08940.html