Página 1 de 1

Os irmáns García de Nodal e a 'Tierra del Fuego'

Publicado: 21 Sep 2012, 14:05
por serba
Museo de Pontevedra

Un 27 de setembro, pero de hai 394 anos (era o ano 1618), dúas carabelas partiron de Lisboa mandadas por dous mariños pontevedreses: Bartolomé e Gonzalo García de Nodal. A súa misión era comprobar a veracidade da existencia dun novo paso para entrar no océano Pacífico: o cabo de Hoorn, descuberto o 29 de xaneiro de 1616 polos holandeses Willem Schouten e Jacob Le Maire.

Os expedicionarios puxéronlle esta denominación en recordo do porto holandés do mesmo nome e dun dos dous barcos da expedición que se incendiara cando o estaban a carenar. En España chamaríano finalmente cabo de Hornos.

En 1621, só dous anos despois do regreso dos irmáns García de Nodal, publicouse en Madrid a Relación da súa viaxe. Deste libro fíxose unha reedición no último terzo do s. XVIII que se pode consultar na Biblioteca do Museo. Nel vanse describindo as vicisitudes do traxecto -tamén, como era habitual en moitas expedicións, cun intento de motín- ata acadar plenamente o seu obxectivo, regresando sen ningún falecemento a bordo -algo que non adoitaba suceder- despois de nove meses e medio.

Ademais de comprobar a veracidade das descubertas holandesas (estreito de Le Maire, cabo de Hoorn), chegaron máis ao sur que eles, achando unha illa (en realidade un arquipélago) á que lle darían o nome de Diego Ramírez (o piloto maior de dita expedición), e circunnavegaron por primeira vez a Tierra del Fuego, ao navegar polo Pacífico cara o norte para embocar e percorrer o estreito de Magallenes de oeste a leste. Aos diferentes puntos daquela costa tan recortada iríanlle poñendo nomes moitas veces correspondentes a enclaves da costa de Galicia e especialmente da ría de Pontevedra.

Os lectores interesados acharán ao final destas liñas máis información sobre este acontecemento e tamén a transcrición dunha das partes máis entretidas do relato, cando navegando polo estreito, que os holandeses chamaron, con todo merecemento, de Le Maire e os Nodal de San Vicente, descobren unha badía cunha boa praia para abastecerse de auga, á que lle chamaron do Buen Suceso. Ali desembarcan e toman contacto cos nativos da Tierra del Fuego. Terían que pasar cento cincuenta anos ata que outro mariño europeo desembarcase naquel lugar: o capitán James Cook. O célebre navegante inglés diría daquelas xentes que eran as máis pobres e miserentas de todas as que atopou nas súas múltiples viaxes.

José Manuel Castaño García

Ver información completa e transcrición: http://www1.museo.depo.es/imagenesartic ... 0Fuego.pdf

http://www.museo.depo.es/noticias/notas ... 10399.html

Un mapa que delineó la expedición de García Nodal

Publicado: 17 Ene 2014, 14:40
por serba
Andrea Zucas
"Un mapa que delineó la expedición de García Nodal"
Frontispicio de publicaciónhttp://abcblogs.abc.es/espejo-de-navegantes/files/2014/01/Frontispicio-de-publicaci%C3%B3n.-316x468.jpg http://abcblogs.abc.es/espejo-de-navega ... rcia-nodal

Conferencias: IV Centenario de la expedición de los hermanos Nodal

Publicado: 22 Sep 2018, 19:02
por serba
MUSEO DE PONTEVEDRA

El martes 25 de septiembre a las 17 h comenzará en el salón de actos del Sexto Edificio la primera de las tres conferencias que quieren divulgar el conocimiento de la expedición al estrecho de Magallanes y Tierra de Fuego (1618-1619) y acercar al público la historia local, arrojando luz sobre sus protagonistas principales: los pontevedreses hermanos Nodal.

http://www.museo.depo.gal/noticias/nota ... 11122.html