Ricardo Carvalho Calero

Historia de personaxes
Respostar
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 19182
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Ricardo Carvalho Calero

Mensaxe por serba » 25 Mar 2013, 15:11

"A Fundación Artabria lembra a figura de Ricardo Carvalho Calero no 23 cabodano do seu pasamento"

Como vén sendo habitual nos últimos anos, a Fundación Artabria quixo lembrar a figura do profesor e escritor galeguista Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 30 de outubro de 1910 - Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1990), na casa onde naceu o ilustre intelectual e cando se cumpre o 23 cabodano do pasamento [...]
http://www.diariodeferrol.com/articulo/ ... 38743.html

- Fundaçom Artábria: http://www.artabria.net
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 19182
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Ricardo Carvalho Calero

Mensaxe por serba » 29 Xan 2014, 09:02

"Unha comisión cidadá impulsa o Día das Letras para Carvalho Calero"
A falta dun Día das Letras Galegas para o ferrolán Ricardo Carvalho Calero é unha das ausencias máis clamorosas no eido das conmemoracións e homenaxes ás grandes figuras da cultura do país. [...]
http://www.diariodeferrol.com/articulo/ ... 73263.html
-Radiofusión: "Bernardo Máiz explica os méritos literarios de Carvalho Calero"
http://173.255.131.23/audio/280114MAIZ.mp3
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 19182
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

O Premio Carvalho Calero chega á súa vixésima edición

Mensaxe por serba » 05 Abr 2014, 20:00

O Concello de Ferrol, coa colaboración da Sociedade Cultural Medulio, vén de convocar a vixésima edición do Premio Ricardo Carvalho Calero de Investigación Lingüística e Creación Literaria. Trátase dun galardón co que se rende homenaxe ó intelectual ferrolán para o que este ano, de novo, se pide desde distintos ámbitos o Día das Letras Galegas. Ademais, é un dos poucos que, respectando a postura sobre a normativa do propio Carvalho, dá liberdade neste ámbito para que os autores empreguen a oficial ou outras.
http://www.diariodeferrol.com/articulo/ ... 80787.html
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 19182
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Un novo Carvalho Calero para unha nova xeración

Mensaxe por serba » 07 Xuñ 2014, 18:56

Marcos Pérez Pena
"En parte, o documental quere actualizar a figura de Carvalho Calero, para achegalo ás novas xeracións, para que sexa máis coñecido pola mocidade. En Ferrol hai un colexio e un centro cultural que levan o seu nome e son moitos os que non saben nada del". O ferrolán Antón Rodríguez é un dos tres responsables, xunto con Javier Gómez (Ponferrada) Sergio Arango (Lugo), do documental Vieiros de esperanza, un proxecto de fin de grao na facultade de Ciencias da Comunicación da UDC, que busca poñer en valor a figura do intelectual galeguista.
http://praza.com/cultura/7316/un-novo-c ... a-xeracion
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 19182
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Ricardo Carvalho Calero, 25º aniversario da súa morte

Mensaxe por serba » 24 Mar 2015, 20:05

A cuarta feira 25 de marzo, ás 18:30 horas, na sala de actos da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII s/n), en colaboración coa AGAL, terá lugar unha palestra sobre a vida e a obra do profesor Ricardo Carvalho Calero coincidindo com o 25º aniversario da súa morte: “Carvalho Calero: Alicerce de uma Galiza lusófona”. Participan José Luís Rodrigues, Elvira Souto e Eduardo Sanches Maragoto.
http://axendaaelg.blogaliza.org/files/2015/03/10171762_648691931925409_1998909336790788853_n.jpg http://axendaaelg.blogaliza.org/2015/03 ... a-lusofona
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 19182
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Promoven o Día das Letras Galegas para Carvalho Calero por quinta vez

Mensaxe por serba » 13 Feb 2016, 15:23

A última vez que Ricardo Carvalho Calero optou ó Día das Letras Galegas, en 2015, os académicos elixiron –non sen polémica– a Xosé Filgueira Valverde (por riba tamén doutros candidatos como Manuel María, Celestino Fernández de la Vega e Xela Arias). Era a cuarta vez que se impulsaba este recoñecemento –tentárase en 2008, 2010 e 2013– para o investigador, profesor e escritor ferrolán, pioneiro na elaboración de gramáticas, normas ortográficas e historias da lingua e literatura galegas. Haberá unha quinta, posto que os profesores Xosé Manuel Pazo, Bernardo Máiz e Xosé María Dobarro volverán lanzar a candidatura para corrixir o que definen como “interesado esquecemento”, un veto vencellado sobre todo ós posicionamentos ortográficos lusistas de Carvalho na última época da súa vida. Para iso piden de novo a colaboración do tecido cultural, sindical, institucional e social de Ferrolterra e do resto de Galicia. Nas próximas semanas empezarán os contactos coas entidades e tamén están abertos a adhesións individuais a través do correo carvalhocalero2017@gmail.com

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ ... 46177.html
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 19182
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Ricardo Carvalho Calero

Mensaxe por serba » 17 Abr 2016, 16:40

A comisión cidadá creada o pasado febreiro para solicitar que se lle adique o Día das Letras Galegas do vindeiro ano 2017 ao profesor e escritor ferrolán Carvalho Calero, en colaboración co Concello de Ferrol, divulgará a figura do autor, desde as súas diferentes vertentes, a través dun ciclo de conferencias que dará comezo a vindeira semana para se prolongar ata o mes de maio.
O programa arrancará este martes coa intervención dunha das fillas do lingüísta ferrolán, Victoria Carballo Calero, catedrática de Historia da Arte e que reside en Ourense. A cita terá lugar ás 20.00 horas na galería Sargadelos.

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ ... 51789.html
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 19182
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Carvalho Calero e o Estatuto de 1936

Mensaxe por serba » 03 Xul 2016, 15:52

Xosé María Dobarro

Carvalho Calero e o Estatuto de 1936

http://www.diariodeferrol.com/opinion/x ... 59187.html
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 19182
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Ricardo Carvalho Calero

Mensaxe por serba » 24 Mar 2017, 09:11

Poblada soledad es hoy el mundo.

Respostar