Libro: "Rianxo na ditadura franquista (1939-1979)"

Feitos do noso pasado común
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19504
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Libro: "Rianxo na ditadura franquista (1939-1979)"

Mensaje por serba »

A. Gerpe | Ribeira

Cincuenta anos da historia contemporánea de Rianxo recollidos en cincocentas páxinas permitirán aos máis vellos lembrar vivencias do pasado e, aos máis novos, coñecer moitos dos aspectos que forman o carácter e o perfil urbanístico do Rianxo actual. Deste xeito, a vila ten o luxo de contar cunha publicación única que pode servir de base a posteriores traballos de investigación. Os artífices deste amplo traballo histórico son Xesús Santos e Xosé Comoxo, que o sábado pola noite, no marco das xornadas dedicadas a Castelao, presentaron a obra Rianxo na ditadura franquista (1939-1979).

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ba ... 6C2991.htm
Poblada soledad es hoy el mundo.

Responder