"Galicia e a instauración da monarquía borbónica. Poder e dinámica política"

Feitos do noso pasado común
Respostar
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 16733
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

"Galicia e a instauración da monarquía borbónica. Poder e dinámica política"

Mensaxe por serba » 13 Xan 2016, 18:10

Rosa Tedín | Ourense

Reunir a investigadores e investigadoras que, procedendo de distintas disciplinas, teñen entre as súas liñas de traballo o estudo do poder, das institucións e das elites da monarquía ibérica durante o Antigo Réxime, sobre todo no ámbito galego e no período borbónico, no tránsito do século XVII ao XVIII e principalmente no século XVIII. Con este obxectivo preséntase o seminario científico Galicia e a instauración da monarquía borbónica. Poder e dinámica política, que se celebrará no campus de Ourense os días 21 e 22 de xaneiro.

http://duvi.uvigo.es/index.php?option=c ... &Itemid=41
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 16733
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

"Galicia e a instauración da monarquía borbónica. Poder e dinámica política"

Mensaxe por serba » 19 Xan 2016, 14:48

Radiofusión

A profesora María López fala do seminario arredor da instauración borbónica e Galicia

http://173.255.131.18/audio/190116LOPEZ.mp3
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 16733
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

De como Felipe V revolucionou a organización do poder en Galicia

Mensaxe por serba » 23 Xan 2016, 17:23

Rosa Tedín | Ourense

A peza clave dos correxidores

O seminario comezou cunha mesa moderada por María del Carmen Saavedra, da Universidade de Santiago de Compostela, na que participaron Manuel María de Artaz, tamén da USC, e a propia María López. De Artaz falou sobre o cambio institucional en Galicia coa chegada de Felipe V, afondando en como “a xunta do Reino de Galicia, a voz do antigo reino que durante o século XVII xogou un papel relevante nos asuntos militares e económicos de Galicia, vai ser desprazada polo novo sistema borbónico que se instaura, que vai a confiar as súas funcións a outros axentes da coroa, como o intendente e o capitán xeral”, apuntou. Porén, as elites galegas presentaron unha “resistencia decidida” para manter o poder que tiñan no momento da chegada de Felipe V.

Pola súa banda, María López afondou no papel dos correxidores e dos correximentos en Galicia entre 1700 e 1759. A figura dos correxidores, apuntou a investigadora, vén da época dos Reis Católicos, e mantívose no tempo con diferentes fases. No período estudado, indicou, eran “os axentes do poder real no ámbito periférico, a punta de lanza da monarquía a nivel territorial local”. A chegada e reinado de Felipe V supuxo cambios moi importantes para eles. Deste xeito, en 1748, Betanzos deixa de estar na demarcación da Coruña e pasa a ter correxidor propio. Polo que respecta á Coruña, estes cambios tamén se traduciron na creación da figura do intendente militar, con competencias máis amplas e un rango institucional máis elevado. Salvo esta figura na Coruña, comentou López, o resto de correxidores, que estaban en lugares estratéxicos, concretamente en Viveiro, Baiona e Ourense ademais dos xa citados de Betanzos e A Coruña, eran “togados” vinculados á burocracia real ou a burocracia en xeral. Estas figuras, destacou a docente, “supoñen a presenza directa da monarquía, son unha peza clave ao seu servizo pois operan como correa de transmisión entre a corte e cada demarcación territorial e política, exercen o poder real na súa xurisdición por delegación do rei”.

Tamén sobre este impacto da chegada dos borbóns na organización do poder local traballa o docente da Facultade de Historia do campus de Ourense Antonio Presedo, que durante a súa intervención este venres falará de como se organizaba a reprodución social dos membros do concello de Ourense na última etapa de Carlos II e a primeira etapa de Felipe V. “Tiñan unha serie de estratexias baseadas en políticas de familia, nos enlaces matrimoniais con persoas que exercen cargos en diferentes ámbitos. A familia e o seu contacto coa institución xogaba un papel moi importante nesta reprodución”, comentou. No caso de Ourense esta dinámica grupal é paradigmática, sinalou, porque nela participan máis familias que noutras capitais de provincia e a chegada da nova dinastía supuxo para elas moitos cambios.

As intervencións do seminario recolleranse nunha publicación coa que se intentará actualizar a bibliografía específica existente sobre o impacto en Galicia da instauración da monarquía borbónica, bibliografía que na actualidade, apuntaron durante o seminario, limítase a dúas monografías publicadas nos anos 70.

http://duvi.uvigo.es/index.php?option=c ... 5&Itemid=2
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 16733
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

"Galicia e a instauración da monarquía borbónica. Poder e dinámica política"

Mensaxe por serba » 13 Out 2017, 17:27

Esta aproximación á realidade do século XVIII corre a cargo dun panel de expertos e expertas entre os que se atopan Manuel María de Artaza, María del Carmen Saavedra, José Manuel Vázquez, Eduardo Cebreiros, Pegerto Saavedra, Ofelia Rey, María Seijas, Antonio Presedo, Laura Rodicio e José Manuel González, ademais da propia María López...

Rosa Tedín | Ourense - https://duvi.uvigo.es/index.php?option= ... 1&Itemid=2
Poblada soledad es hoy el mundo.

Respostar

Quen está en liña

Usuarios navegando por este Foro: Ningún usuario rexistrado y 2 invitados