“A rebeldía galega contra a inxustiza”

Feitos do noso pasado común
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

“A rebeldía galega contra a inxustiza”

Mensaje por serba »

A Libraría Bahía de Foz, acolle o xoves 22 de marzo ás 20:30 a presentación do volume “A rebeldía galega contra a inxustiza”, nun acto no que participarán o coordinador do volume Xosé Ramón Ermida Meilán, Xoán Costa, presidente de Sermos Galiza, e Xoán Ramón Fernández Pacios, presidente d´A Pomba do Arco, entidade organizadora do acto. O volume recolle un extenso traballo de Xosé Ramón Ermida Meilán sobre a revolta acontecida en Foz en 1918, un levantamento social dirixido e protagonizado polas mulleres focegas nun contexto marcado pola brutal epidemia de gripe que rematou coa morte de máis de 122 veciños da localidade e dunha vaga de fame como consecuencia da alza dos prezos dos produtos de primeira necesidade...

http://www.cronica3.com/2018/03/a-pomba ... a-de-gripe
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder