"A Consellería de Cultura e Educación participa na conmemoración do CLXX aniversario da creación do Instituto Provincial de Lugo"
Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2012.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo seu secretario xeral técnico, Jesús Oitavén; participou hoxe na conmemoración do CLXX aniversario da creación do Instituto Provincial de Lugo, que marca tamén o inicio do ensino público en secundaria en Galicia. No aniversario estivo tamén presente o xefe territorial da Consellería na provincia, José Jesús Ramos Ledo.
No acto académico celebrado no actual IES Lucus Augusti, o secretario xeral técnico salientou “a historia que albergan estas paredes e o rico patrimonio bibliográfico e científico que, con tanto tino, esmero e dedicación conservou esta comunidade educativa”. Neste sentido cualificou de privilexio estudar nun centro histórico como é o Lucus Augusti, en cuxas aulas estiveron “ben coma alumnos ou ben coma profesores, destacados políticos, científicos, médicos, escritores ou artistas... Cidadáns, en suma, que nesta institución educativa compartiron ilusións, proxectos e aprendizaxes significativos, que souberon poñer ao servizo dunha sociedade cada vez máis próspera, máis moderna e máis igualitaria”.
Como broche final, recordouse a historia do centro, a través da conferencia do profesor Antonio Prado, e inaugurouse unha exposición iconográfica e documental sobre o Lugo da época elaborada pola comunidade educativa do IES Lucus Augusti. [...]
Lugo, 28 de xuño de 2013. O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, participou, esta tarde, na presentación do libro de Antonio Prado Gómez que leva por título “O Instituto provincial de Lugo: 1842-1975”. O acto, que se celebrou no propio centro de ensinanza, estivo presidido por Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega e profesor deste centro durante 13 anos.
Esta publicación, financiada pola Vicepresidencia da Deputación, que se encargou da súa edición, a Consellería de Cultura, Educación e ordenación Universitaria, e o concello de Lugo, recolle, en 456 páxinas e a través de 200 fotografías, a historia do Instituto Lucus Augusti, máis coñecido como Instituto Masculino, o máis antigo de Galiza. [...]
M. Celeiro (Lugo) O Lucus Augusti rescata revistas que editaron varios institutos históricos
O IES Lucus Augusti acolle unha exposición de revistas escolares editadas en institutos históricos entre os anos 1910 e 1960. A mostra recolle entre 30 e 40 exemplares que se atopaban no arquivo do centro lucense desde principios do século pasado. http://elprogreso.galiciae.com/nova/386 ... historicos
Imagen del claustro de profesores del centro en 1935
...Entre ellos están Xosé Filgueira Valverde (de pie, segundo por la izquierda) y la primera mujer profesora del centro, Filomena Páramo.