Protección e difusión do patrimonio documental

Noticias de historia familiar
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Protección e difusión do patrimonio documental

Mensaje por serba »

"Cultura e Educación impulsa diversas iniciativas para avanzar na protección e difusión do patrimonio documental"

A dixitalización dos fondos do arquivo da catedral de Santiago, do arquivo do Bispado de Tui-Vigo e do arquivo histórico da USC son algunhas das accións que apoia a Secretaría Xeral de Cultura

No ámbito local, a Consellería colabora cos concellos para mellorar a organización dos seus arquivos municipais


Santiago de Compostela, 16 de agosto de 2012.
- A protección, conservación e difusión do patrimonio documental é un obxectivo prioritario da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Para avanzar nesta liña de actuación, a Secretaría Xeral de Cultura está a impulsar diversas iniciativas en colaboración con entidades de diferentes ámbitos que apostan pola adaptación dos seus arquivos aos contornos dixitais.

No campo do ensino universitario, a Consellería apoia o proxecto de dixitalización do arquivo histórico da Universidade de Santiago de Compostela, que facilita o acceso vía internet aos seus fondos. O proxecto tamén inclúe a descrición dos documentos, dos fondos históricos das series de executorias e aquelas actuacións precisas para mellorar a aplicación informática na que se basea o proxecto.

Cultura e Educación tamén contribúe coa conservación e posta en valor dos arquivos catedralicios. Por unha banda, en colaboración co Cabido da catedral de Santiago de Compostela, contribúe co desenvolvemento dun proxecto de investigación e catalogación dos seus fondos documentais, concretamente nas áreas de documentación moderna e medieval. Por outra banda, a Consellería subscribe un convenio co Bispado de Tui-Vigo para impulsar o proxecto de organización, informatización e restauración de fondos do seu arquivo diocesano e catedralicio.

Mellora dos arquivos municipais
A mellora da organización dos arquivos municipais é outra das prioridades da Xunta de Galicia para favorecer a conservación e a posta en valor do patrimonio documental. Por iso, a Consellería tamén colabora coa Administración local para avanzar neste obxectivo, a través do establecemento de convenios de colaboración cos concellos.

Estas actuacións compleméntanse coa convocatoria realizada pola Secretaría Xeral de Cultura de 20 bolsas de formación en arquivos, a maior parte delas destinadas á organización de arquivos municipais, que ten como finalidade proporcionarlles formación teórico-práctica aos futuros profesionais da arquivística.

Portal web de Arquivos de Galicia
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura, é o órgano encargado da dirección e coordinación do exercicio das competencias da Xunta de Galicia relativa ao Sistema de Arquivos de Galicia, conformado polo conxunto de arquivos de Galicia e os órganos da Administración que son competentes para a súa ordenación e desenvolvemento, así como os correspondentes servizos técnicos.

Para favorecer o acceso aos contidos relacionados cos arquivos de interese galego, así como para facilitar a busca de información, a Consellería renovou recentemente o portal web de Arquivos de Galicia, dispoñible en http://arquivosdegalicia.xunta.es/portal
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... n-difusion
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder