Ribadavia celebra unha xornada da cultura xudía

Noticias de historia familiar
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Ribadavia celebra unha xornada da cultura xudía

Mensaje por serba »

Redacción. Ribadavia - 02-09-2012

O Concello de Ribadavia celebra xunto con aproximadamente 300 localidades españolas e europeas a XIII Xornada Europea da Cultura Xudía, que se iniciaba coincidindo coa Festa da Istoria e que remata hoxe con diversas actividades. Destaca a conferenza 'Reir é Kosher' que a Comunidade Xudía de Galicia B´nei Israel impartirá no salón de actos da Casa Consistorial, ás 12,00 horas.

Do mesmo xeito hai que sinalar que haberá visitas guiadas gratuitas á Xudería que versarán sobre a presenza xudía en Ribadavia, con degustación do pan hebreo 'Jalote', ás 11,30 e 12,30 horas, e pola tarde, ás 17,00 e 18,00 horas con saída dende a Oficina de Turismo.

Asemade o Centro de Información Xudía de Galicia, sito no Pazo Condal, permanecerá aberto ao público, e a entrada a este espazo cultural, no que é posible seguir a historia das comunidades xudías que viviron nas principais cidades e vilas galegas, será gratuita. [...]
http://www.laregion.es/noticia/222438/r ... ura/xudia/
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder