Colectivo de Viveiro Pensamento e Sementeira

Noticias de historia familiar
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Colectivo de Viveiro Pensamento e Sementeira

Mensaje por serba »

El colectivo de Viveiro Pensamento e Sementeira pretende celebrar un homenaje al músico Miro Casabella. Argumenta que el compositor y cantante de O Valadouro "comprometido desde os anos sesenta coa cultura e co idioma galego, ben merece a gratitude dos mariñaos". Pensamento y Sementeira convocará una reunión en O Valadouro el día 12 de enero, a la que convocará a las asociaciones culturales y vecinales, músicos, artistas plásticos, escritores "e a todas as persoas interesadas" de A Mariña. También señala que pedirá el apoyo económico a los Concellos y a la Diputación "xa que, de contar coa cooperación destas institucións, poderían participar nesta homenaxe músicos cos que Miro Casabella tivo relación ao longo da súa traxectoria artística".
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/am ... 326873.htm
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Colectivo de Viveiro Pensamento e Sementeira

Mensaje por serba »

Callón, Sés, Diéguez e Felipe Senén participarán en Viveiro nas Xornadas sobre Lingua e Cultura
O vindeiro xoves 6 de novembro o profesor, escritor Carlos Callón abrirá en Viveiro as Xornadas sobre Lingua e Cultura que organiza nesta vila o colectivo Pensamento e Sementeira.
Os relatorios terán lugar na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro, na praza maior e darán comezo ás 20.30 horas. Nos seguintes xoves do mes de novembro intervirán tamén: a cantautora Mª Xosé Silvar, SES; o escritor Lois Diéguez e pechará estas xornadas o museólogo e escritor Felipe Senén.
Carlos Callón, (Ribeira, 1978). Escritor, profesor e activista
Profesor de Lingua e Literatura Galega en secundaria e pesquisador sobre sociolingüística e literatura, materias sobre as cales é un prolífico conferencista.
Entre os varios libros que publicou salientan os títulos Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (2011, premio Redelibros ), Amigos e sodomitas (2011, premio Vicente Risco e premio Fervenzas Literarias) e Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez (2012).
É presidente de Honra da Mesa pola Normalización Lingüística (a maior asociación cultural de Galiza), entidade que presidiu entre 2002 e 2014.
http://www.cronica3.com/2014/11/callon- ... -e-cultura
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Colectivo de Viveiro Pensamento e Sementeira

Mensaje por serba »

O colectivo Pensamento e Sementeira avanza a súa programación cultural “Primavera 2015”.
O sábado 18 de abril , Manuel Gago, xornalista cultural e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, especializado en deseño e desenvolvemento de medios dixitais e en comunicación multimedia sobre patrimonio cultural, gastronomía e ciencia e Manuel Miranda, presidente de MariñaPatrimonio intervirán nun acto público para achegarnos as historias do mosteiro da illa Coelleira e da vila asulagada de Estabañón.
Para o mes de maio o colectivo está a preparar exposicións e charlas informativas, en colaboración coa Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.
A exposición “Embarcacións tradicionais do arco ártabro, Ortegal e Mariña de Lugo" abrirá unhas xornadas dedicadas á difusión do patrimonio marítimo e fluvial galego onde tamén contaremos coa testemuña viva de carpinteiros de ribeira.

Viveiro, 7 de marzo de 2015.
Xunta Directiva
Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA


http://www.cronica3.com/2015/03/uxia-se ... ementeira/
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Tertulia: 'De San Miguel da Coelleira a Estabañón'

Mensaje por serba »

O vindeiro sábado 18 de abril, ás 19 horas, o colectivo viveirés PENSAMENTO E SEMENTEIRA organiza unha Tertulia aberta ao público que contará coas intervencións de Manuel Gago e Manuel Miranda.

“Arredor dunha illa, un mosteiro e unha vila asulagada: de San Miguel da Coelleira a Estabañón” é o título desta actividade que se desenvolverá na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro e na que tamén se proxectarán imáxes sobre os vestixios do mosteiro de San Miguel e o sitio arqueolóxico de Estabañón.

http://www.cronica3.com/2015/04/pensame ... -estabanon
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Colectivo de Viveiro Pensamento e Sementeira

Mensaje por serba »

Xa temos data para a Mesa Redonda: o sábado 17 de xuño.

A actividade tería lugar, se o tempo o permite, na área etnográfica da Ínsua moi perto da cova. Na Mesa Redonda participarían o estudoso Francisco Xavier Martinez Prieto, Manuel Miranda, presidente de Mariña Patrimonio e o xefe do servizo de arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio, Roberto Pena Puentes.
A actividade que titulamos “Que houbo en San Xoán Vello?” darái comezo ás 18:30 horas. Unha hora máis tarde, ás 19:30 está programada a visita guíada á cova.
https://2.bp.blogspot.com/-1RMi3wZTLIw/WTxvX5p6ZQI/AAAAAAAABOE/B014Kbpho6gHdavIrbt15Lb5EyyDxJRjwCLcB/s400/san%2Bxoan.jpg http://pensamentoesementeira.blogspot.c ... da-na.html
Quen vai intervir na Mesa Redonda?
http://pensamentoesementeira.blogspot.c ... donda.html
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder