Cristina Arias / El Progreso (Lugo)
O historiador Ricardo Polín ultima a publicación dun catálogo que recolle a historia dos «seres vivos máis lonxevos» da comarca chairega, 50 árbores centenarias que enraízan na terra e «conservan a lembranza de todo un pobo».
Algúns son símbolos, como a pravia de Vilalba ou o castiñeiro de Baamonde (Begonte). Outros, pese a ter máis de varios séculos de vida, son grandes descoñecidos. E algúns, como o eucalipto de Altide (Begonte) ou o cedro da Casa de Hortas de Manuel María en Outeiro de Rei, xa desapareceron. De aí, a loita por «divulgar para protexer e conservar». http://elprogreso.galiciae.com/nova/322 ... entos-vida
(30-4-2014)
Exposición «Árbores senlleiras, singulares e monumentais da Terra Chá», de Ricardo Polín
Ricardo Polín inaugura a exposición "Escritos na floresta. Árbores senlleiras na cultura chairega"
Será o venres 12 de decembro coa organizació do IESCHA e a colaboración do Departamento de Galego do IES Basanta Silva no auditorio municipal de Vilalba, onde se poderá contemplar ata o 11 de xaneiro. http://www.terrachaxa.com/novas/ricardo ... a-chairega