A Deputación da Coruña recupera a memoria democrática dos concellos

Noticias de historia familiar
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

A Deputación da Coruña recupera a memoria democrática dos concellos

Mensaje por serba »

https://www.dicoruna.es/files/5914/6962/4766/Captura_de_pantalla_2016-07-21_a_las_10.21.45_2.png O presidente e o vicepresidente da Deputación da Coruña, José López Bouza e Ánxel Casal, foron paseados no verán de 1936. Canda eles, alcaldes, membros da corporación e traballadores e traballadoras dos concellos padeceron a represión despois do golpe militar que impuxo unha ditadura de catro décadas. A Deputación da Coruña réndelles homenaxe cun acto institucional que terá lugar este xoves, 28 de xullo ás 12.00 horas.

Representantes municipais dos concellos da Coruña, corporación da Deputación e familiares serán parte do grupo de asistentes que participarán no acto de homenaxe que este xoves tributará a Deputación da Coruña aos cargos institucionais represaliados despois do golpe militar de 1936.

No acto, ademais do presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e a vicepresidenta, Goretti Sanmartín, intervirá un neto do alcalde da Coruña, Alfredo Suárez Ferrín –asasinado en 1936- e contará cunha interpretación musical.

O acto terá lugar a víspera de que o pleno da Deputación aproba a declaración institucional que retirará as distincións a Francisco Franco e insírese dentro da liña de recuperación da memoria histórica que defende o goberno provincial.

https://www.dicoruna.es/novas?id_evento=980
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
Cristina B
Administrador
Administrador
Mensajes: 1082
Registrado: 10 Ago 2005, 09:00

Unha imaxe para a historia

Mensaje por Cristina B »

Y acerca de la foto precedente transcribimos un texto publicado en el blog de Luis Bará:
O 15 de xullo de 1936, unha delegación do comité galego pro estatuto, da que formaban parte entre outras persoas Bibiano Fernández Osorio Tafall, José López Bouza, presidente da Deputación da Coruña, Ánxel Casal, alcalde de Santiago e vicepresidente da Deputación da Coruña, Daniel Castelao, e Arturo Cuadrado fai entrega nas Cortes do texto do estatuto aprobado maioritariamente no plebiscito do 28 de xuño.
http://nondesaesquecemento.blogspot.com.ar/
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

“Xeración perdida. Representatividade institucional republicana e represión na provincia da Coruña”

Mensaje por serba »

Un total de 300 nomes compoñen a base de datos de concelleiros e alcaldes represaliados nos concellos da Coruña que a Deputación publica despois dunha investigación que botará luz sobre as corporacións democráticas anteriores a 1936. A vicepresidenta, Goretti Sanmartín Rei, e o director do proxecto, Emilio Grandío, fixeron pública a primeira listaxe dunha investigación pioneira.

A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, presentou a primeira fase do proxecto "Xeración Perdida. Representatividade institucional republicana e represión na provincia da Coruña" que naceu despois da homenaxe ás corporacións democráticas que se desenvolveu o pasado mes de xullo.

https://www.dicoruna.es/novas?id_evento=1878
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Re: A Deputación da Coruña recupera a memoria democrática dos concellos

Mensaje por serba »

Os mortos daquel verán na provincia
Trescentos concelleiros e alcaldes foron represaliados a raíz do golpe do 36 // O 38 % foron asasinados, 25 deles por pena de morte // Houbo 30 exiliados

Patricia Hermida - http://www.elcorreogallego.es/galicia/e ... ia-1080837
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Re: A Deputación da Coruña recupera a memoria democrática dos concellos

Mensaje por serba »

Cun acto que contou con presenza de representantes dos gobernos municipais dos concellos, das asociacións de recuperación da memoria e de familiares das vítimas da represión nos concellos, a Deputación da Coruña presentou o libro "Xeración Perdida", froito de case dous anos de investigación promovida pola institución, que recolle a memoria dos cargos públicos dos concellos que sufriron a represión despois do golpe militar de 1936.

https://www.dacoruna.gal/novas/ficha-no ... vento=3132
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Las otras víctimas olvidadas de 1936

Mensaje por serba »

Añado la noticia en este apartado, porque hay referencia anterior al mismo libro: Xeración Perdida.

Un libro homenajea a los 42 concejales y alcaldes barbanzanos que fueron asesinados y encarcelados durante la Guerra Civil
Ana Lorenzo - https://www.lavozdegalicia.es/noticia/b ... 5C4996.htm
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder