Fontes sobre os habitantes e propietarios dos pazos

Noticias de historia familiar
Responder
Avatar de Usuario
gordito
Foreiro
Foreiro
Mensajes: 57
Registrado: 17 May 2003, 09:00
Ubicación: Barbanza
Contactar:

Fontes sobre os habitantes e propietarios dos pazos

Mensaje por gordito »

En ocasións chegamos, seguindo unha determinada liña xenealóxica, ata unha persoa que podemos identificar co propietario dun pazo ou familiar del.
Entre os numerosos libros sobre o tema que citan a xente que habitaba neles, faise de pasada (lóxicamente,o protagonista do libro adoita ser o edificio), citando soamente ou os máis conocidos, ou os que máis interviron na factura da edificación.
O caso é que si, por exemplo, en 1805 o propitario dun pazo é un dos nosos avós, e iste pazo esta asociado á mesma liñaxe desde a súa fundación en 1620,¿cómo enchemos ese burato de dous séculos?¿Existe algo máis que os propios archivos da casa, ou os indicios que nos ofrece a heráldica?Polo xeral os arquivos eclesiásticos citan o lugar de orixe, non a vivenda, nos pazos en ruinas non hai arquivos...
Non teño moita experiencia en investigación xenealóxica, pero intento obter os datos da maneira máis rigurosa posible. Moitas gracias amigos.
Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Busqueda

Mensaje por lamigueiro »

Hola, eu che recomendo que empeces a buscar polos libros da parroquia e intentes seguir por eles ata arriba, si tes sorte e cho permite. Normalmente despois a fundación dun pazo, nalgúns casos vai parexa a fundación dun vínculo que se transmite de xeneración en xeneración o "vinculeiro", e que poderías atopar no Arquivo de Reino de Galicia. Pero si tes o nome da persoa que andas a procura e o nome do pazo cecais algún de nos che poida votar unha man
Lamigueiro ©
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

Ola,
En xenealoxia hai moitas portas abertas, si a tua família tivo algún peso social, e non me refiro soamentes a nobres ou fidalgos, poderás atopar datos dabondo nos protocolos notariais (testamentos, codicilos, cartas dotes...). Tamén son interesantes os expedentes da Real Audiéncia de Galiza depositados no Arquivo do Reino de Galicia que tamén son fontes xenealóxicas. Ora ben, eu empezaria a procurar por onde che dí o compañeiro Lamigueiro. Un saudo.
Responder