Solicitude de información (nomes galegos).

Noticias de historia familiar
Responder
ppxeneall
Novo
Novo
Mensajes: 8
Registrado: 07 Sep 2011, 22:29

Solicitude de información (nomes galegos).

Mensaje por ppxeneall »

Caros señores,

Veño por este medio pedirvos, por favor, unha pequena axuda.

Son portugués e estou a estudar os meus antepasados​​. Descubrín que os meus 4.ºs e 5.ºs avós maternos son galegos e quería escribir correctamente os seus nomes na miña base de datos.
Será que me podía axudar a escribir correctamente os seus nomes en lingua galega?
Os nomes son os seguintes:
"Manuel Rodrigues", en galego será Manuel Rodriguez (sen acento), Manuel Rodríguez (con acento) ou Manoel ...? Ou será que existe o apelido Rodrigues em Galego tal como em Portugal?!
"Jerónimo Rodrigues";
"Antónia da Ponte", en galego será Antónia (con acento) ou Antonia (sen acento); da Ponte ou de Ponte ou del Ponte?
"Rozende Thome"

PS: Sei que estas persoas eran da parroquia de "Rouçós", Bispado de Ourense, Galicia"? Algunha idea de como e onde podo confirmar o nome da parroquia?

Grazas por calquera axuda.

Cos meus mellores cumprimento, Paulo Pacheco.
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Re: Solicitude de información (nomes galegos).

Mensaje por Pousada »

Boas, Paulo;
Quizáis o máis sinxelo de todo sexa dicir cal é a parroquia á que pertencían. Segundo o nomenclátor de Galicia, a única que tén un nome semellante a "Rouçós" é a parroquia de Rouzós, precisamente en Ourense. O seu nome completo é San Cibrao de Rouzós, e forma parte do municipio de Amoeiro (na provincia de Ourense).
Con respecto á grafía dos nomes e apelidos, é importante dicir que hoxe temos unha ortografía do galego distinta á de hai un ou dous séculos (e bastante polémica, por outra banda, o que tén xerado bastante debate). Por aqueles tempos, un mesmo nome podía escribirse de moi distintas formas. O que máis convén é atopar as súas partidas matrimoniais na parroquia de Rouzós, e nelas poderás atopar a forma que eles empregaron. A día de hoxe, quizáis as formas máis adecuadas (que non as únicas) sexan Manuel Rodríguez, Xerónimo Rodríguez, Antonia da Ponte e Rosendo Tomé.
Sobre o uso do til, nos libros parroquiais de hai un par de séculos, o máis normal é que non aparezan marcando os acentos (Rodriguez, Xeronimo...), aínda que hoxe serían consideradas faltas de ortografía. Con respecto á terminación -es/-ez, hai que dicir que moitas veces na escrita a diferencia é tan sutil que é imposible saber o que puxo o escribán (sí conviría saber que, na ortografía actual, a forma rematada en -es non leva til, Rodrigues, é a forma rematada en -ez, si que o leva, Rodríguez). É certo que hai áreas de Galicia nas que existe o seseo (sobre todo no litoral), que fai que palabras como "cine" ou "paz" sexan pronunciadas /sine/ e /pas/, pero na escrita deben aparecer como "cine" e "paz", independentemente da súa pronunciación (con isto quero dicir que moitas ocasións, o apelido Rodríguez podería terse pronunciado /Rodrigues/ aínda escrito "Rodríguez").
Sobre X fronte a J, dicir que no galego normativo a "j" non existe nin como son nin como letra. Pero para sermos sinceiros, na mair parte dos Xerónimos que teño visto citados en textos manuscritos de hai un ou dous séculos, todos aparecen con J ou incluso con H (Hierónimo).
Sobre T fronte Th, os textos manuscritos de hai tempo empregaban ambas formas. O apelido Tomé viña escrito, normalmente, como Tome ou Thome (os tiles, como levo dito, brilaban pola súa ausencia). E sobre o nome Manuel/Manoel, téñoo visto escrito das dúas formas.
Pero hai que ter en conta unha cousa moi, moi importante. A maior parte dos libros e rexistros parroquiais está escritos en castelán, e moitos nomes e apelidos foron castelanizados polos sacerdotes. Así, apelidos galegos como "do Souto" e "do Outeiro", pasarían a ser "Soto" e "Otero". Tendo isto en conta, reafírmome en que a única forma de saber realmente a ortografía dos apelidos dos teus devanceiros é na lectura dos libros sacramentais de Rouzós.
Agardo ter sido de axuda.
ppxeneall
Novo
Novo
Mensajes: 8
Registrado: 07 Sep 2011, 22:29

Re: Solicitude de información (nomes galegos).

Mensaje por ppxeneall »

Estimado Pousada,

Moi lle agradezo a súa rápida resposta e información. Foi moi interesante e esclarecedora a explicación dos nomes.
Grazas pola súa preocupación.
Creo que fai moito sentido a súa interpretación da parroquia de «roucos» que pode ser a parroquia de Rouzós en Ourense. Vou tentar saber máis sobre a dita parroquia e localidade.

En Portugal, temos un sitio web moi completo para buscar lugares, parroquias e outros: http://www.mapadeportugal.net, non é bonito gráficamente, pero está moi completo en canto a lugares e localidades.
Será que me pode aconsellar algún sitio web coma para locais e lugares en España ou Galicia?

Na maioría dos casos, podemos consultar os rexistros parroquiais en liña nos arquivos distritais portugueses. Pídolle o favor de me inforformar se hai algunha maneira de eu buscar en liña os rexistros destes meus antepasados​​. Será que existe un sitio web onde podo ler eses rexistros de Rouzós?

Desculpe de lle facer tantas preguntas e de estar a incomodar con tantas preguntas, pero estou entusiasmado con este descubrimento!

Grazas, unha vez máis, por todo.

Cos meus mellores cumprimento, Paulo Pacheco (medio portugués e agora medio galego!).
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Re: Solicitude de información (nomes galegos).

Mensaje por Pousada »

Para os topónimos galegos, a mellor páxina que existe son as seguintes:
a) Por unha banda, o Nomenclátor de Galicia, que ofrece os nomes dos concellos, parroquias e lugares de toda Galicia:
http://www.xunta.es/nomenclator/busca.jspb)

b) Por outra banda, a Toponima de Galicia, que aplica o Nomenclátor a tecnoloxía de Google Maps: http://toponimia.xunta.es/Buscador

(Na procura do topónimo Rouzós hai que ter presente que os buscadores van buscar tanto topónimos con tal grafía, como outros maiores, como Pedrouzos, Mourouzos..., así que hai que ter coidado...)

Con respecto á segunda cuestión, moito me temo que en Galicia non se pode acceder en liña a ningún dos rexistros parroquiais (no seu día, só o Arcebispado de Lugo deixou aos mormóns microfilmar os libros sacramentais, pero sen deixar que se publiquen na web de Family Search). Fronte aos rexistros parroquiais estaría o Rexistro Civil, que en España comeza, máis ou menos, cara 1870. Como regra xeral, non se pode consultar en liña, con salvidades. Na web de Family Search hai algúns datos procedentes de localidades como Betanzos, Ferrol, Coruña, Lugo, dentro das provincias da Coruña e Lugo (https://www.familysearch.org/search/ima ... /waypoints). Pero non hai nada no tocante á provincia de Ourense, que é onde se atopa a parroquia de Rouzós. Por outra banda, no Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela (http://www.usc.es/arquivo/) pódese acceder aos documentos do Rexistro Civil de Santiago (pero só da súa localidade). É unha mágoa que non dispoñamos dun instrumento semellante aos arquivos distritais portugueses que nos permitisen consultar os rexistros parroquiais en liña.
Facilítolle o enderezo electrónico do Arquivo Histórico Diocesano de Ourense (archivohistorico@obispadodeourense.com), onde o poderán informar de se os libros da parroquia de Rouzós están alí conservados.
Lamento non ser de mellor axuda
ppxeneall
Novo
Novo
Mensajes: 8
Registrado: 07 Sep 2011, 22:29

Re: Solicitude de información (nomes galegos).

Mensaje por ppxeneall »

Estimado Pousada,

Grazas por toda a información e toda a axuda.
Acaba de escribir para o arquivo histórico do bispado de Ourense, espero que teña sorte coa petición que fixen.
Desafortunadamente acabo de tomar coñecemento, a través de outro foro de xenealoxía portugués - GENEALL, que un genealogistas xa enviou para alí varios e-mails e nunca tivo calquera resposta. Espero ter máis sorte.

Grazas por todo, Paulo Pacheco.

PS: Acabo de atopar un novo documento de 1840 que di que eran da parroquia de "Rouçós", pero agora do Bispado de Lugo, Reino de Galicia, pero penso que debe ser erro de escritura do padre, xa que todos os outros documentos refírense o Bispado de Ourense.
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Re: Solicitude de información (nomes galegos).

Mensaje por Pousada »

Saúdos de novo, Paulo;
Desexo que teñas sorte coa procura no bispado de Ourense. A experiencia que teño co Arquivo Diocesán de Ourense é a seguinte: respostán só cando se lle facilitan datas exactas dos bautismos, casamentos ou defuncións solicitados (ou periodos de tempo breves, de un ou dous anos nos cales tivo que producirse o feito). Ogallá teñas datos suficientes como para calcular ben as idades, ou feitos concretos que procuras, xa que diso dependerá, en gran medida, unha resposta positiva ou negativa.
Novamente, sorte na túa búsqueda.

PD: Sobre "Rouçós" en Lugo, dicir que nese Bispado non existe ningunha parroquia co nome Roucos/ Rouzós/Rousós que poida explicar ese topónimo. Pode ser, como pensas, un erro; máximo tendo en conta que no resto da documentación figure como Ourense.
CRUZ
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 405
Registrado: 02 Oct 2007, 16:47

Re: Solicitude de información (nomes galegos).

Mensaje por CRUZ »

http://books.google.es/books?id=I96Eut9 ... oucos&cd=3

Esos pleitos de hidalguía te pueden ayudar.
En el catastro de Ensenada . digitalizado en EL ARCHIVO HISTORICO NACIONAL.

Saludos
CRUZ
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 405
Registrado: 02 Oct 2007, 16:47

Re: Solicitude de información (nomes galegos).

Mensaje por CRUZ »

Yo creo que se debe buscar por la jurisdicción de Roucos , que abarcaba muchas parroquias . Deberías de buscar algún topónimo de lugar , etc...
Suerte-


http://roucos.blogspot.com/
Millafre
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 209
Registrado: 06 Abr 2008, 12:41

Re: Solicitude de información (nomes galegos).

Mensaje por Millafre »

Hai una parroquia de S.Cibrao de Rouzós, en el concello de Amoeiro, obispado de Ourense.
ppxeneall
Novo
Novo
Mensajes: 8
Registrado: 07 Sep 2011, 22:29

Re: Solicitude de información (nomes galegos).

Mensaje por ppxeneall »

Estimado Pousada,
Non tiven gran sorte co arquivo histórico do Bispado de Ourense. Informaron-me que non dispón de persoal nin de tempo para a realización de investigacións genealógicas.

Descubrín un ramo con máis persoas con orixe en Galicia!

Unha vez oportunidade, vexa por favor a tradución destes nomes para a lingua galega actual é correcta:
1. Paulo Fernandes = Paulo Fernández;
2. Manuel de Ribas, Manuel de Aribas e Manuel de Arribas = Manuel de Arribas. Das tres formas que aparece grafado en rexistros parroquiais, penso que o correcto deberá ser Arribas, aínda que sei que tamén existe en Galicia o apelido Ribas. Pero nos documentos máis antigos está arriba.
3. Antónia Fernandes = Antonia Fernández;
4. João de Aribas = Juan de Arribas;
5. Cristina de Campellos = Cristina de Campelos;
6. Domingas de Prada = Domingas de Prada.

Todos son naturais da parroquia de «Santa Crestina de Lavadores» (Santa Cristina de Lavadores) (probablemente a parroquia de Lavadores, Vigo, Pontevedra, Galicia, España).

Cos mellores cumprimento, Paulo Pacheco.
ppxeneall
Novo
Novo
Mensajes: 8
Registrado: 07 Sep 2011, 22:29

Re: Solicitude de información (nomes galegos).

Mensaje por ppxeneall »

CRUZ escribió:http://books.google.es/books?id=I96Eut9 ... oucos&cd=3

Esos pleitos de hidalguía te pueden ayudar.
En el catastro de Ensenada . digitalizado en EL ARCHIVO HISTORICO NACIONAL.

Saludos
Estimado Cruz,
Grazas pola axuda.
Estes libros non dan para descargar, non? Só para ver?
Saúdos, Galicia Pacheco.
Responder