"A Deputación renovará o museo das Torres do Allo"
Cultura, Zas
Ubaldo Cerqueiro
A verdade é que xa facía falta unha nova musealización ás Torres do Allo. Pois os departamentos de Arquitectura e Patrimonio da Deputación Provincial da Coruña empezarán en breve a traballar na redacción e posta en marcha dun novo proceso de musealización para as Torres do Allo, un dos pazos máis antigos de Galicia.
- Novas relacionadas
-> Recunchos da Costa: As Torreos do Allo.
-> O IES de Baio coida o patrimonio natural dende casa ata o Parlamento Europeo.
Neria abre pola súa conta as Torres do Allo e os Batáns
Publicado: 08 Oct 2012, 09:14
por serba
Atenderá aos visitantes as fins de semana, malia que xa rematou o convenio coa Deputación de A Coruña
Cristina Viu Matalobos
Carballo / La Voz, 7 de octubre de 2012
As Torres do Allo, en Zas, e os Batáns do Mosquetín, en Vimianzo, seguirán abertos as fins de semana deste ano. O convenio entre a Deputación, que é a propietaria, e Neria, que xestionaba o mantemento, xa caducou, pero a entidade supramunicipal asumirá o custe da apertura ao público.
O secretario de Neria, Xan García Pouso, asegurou que nin o pazo nin o conxunto etnográfico poderán soportar tres ou catro meses de peche, xa que precisan mantemento constante. Ademais, os responsables da asociación teñen claro que se se impide a entrada de turistas sería moi difícil recuperar despois as visitas. O Forno do Forte estivo oito meses clausurado e, segundo o seu xerente, foron necesarios case dous anos para volver a ter a afluencia que había antes de que deixara de funcionar. [...]
La crisis económica no sólo ha incrementado los deshaucios de viviendas, sino que también ha obligado a cerrar las puertas de edificios de titularidad pública en Costa da Morte, y a paralizar las obras de otros de nueva construcción. Los recortes y la falta de financiación están echando por tierra cuantiosas inversiones.
Dos claros ejemplos de ello son las Torres do Allo (Zas) y el complejo etnográfico de Os Batáns do Mosquetín (Vimianzo), ambos propiedad de la Diputación de A Coruña, cuyas puertas permanecen cerradas al público desde finales de 2012, cuando concluyó el convenio con la Asociación Neria.
"A Deputación da Coruña garante a apertura e as visitas guiadas ao seu patrimonio durante o verán"
O servizo de atención aos visitantes nas instalacións propiedade da Deputación da Coruña nas Torres do Allo, en Zas; os Batáns de Mosquetín, en Vimianzo; e o dolmen de Dombate, en Cabana de Bergantiños, estará operativo durante os meses do verán.
Con esa intención publícase no Boletín Oficial da Provincia o anuncio para a contratación destes servizos, que comezarán o día 29 deste mes e rematarán o 15 de setembro.
Tres tesouros coma as Torres de Allo, o Dolmen de Dombate e os Batáns de Mosquetín, foron desaproveitados durante anos a pesar dos continuos investimentos das administracións. Desta volta é a Deputación a que, no marco do seu Plan de Emprego anual, vai contratar persoal para manter vivos estes 3 Bens Culturais da Costa da Morte.
Los pazos de Zas evocan el esplendor del municipio
Publicado: 02 Dic 2013, 20:01
por serba
Los inmuebles centenarios están en buen estado de conservación.
Las Torres do Allo, en Zas, propiedad de la Diputación, son el monumento más representantivo del municipio.
As Torres do Allo teñen as portas abertas e agochan mil segredos
Un dos pazos máis antigos de Galicia e un dos poucos que ten as portas abertas. As Torres do Allo levan recuperando a súa historia neste último ano como nunca. Atrás queda ranción aquel museo etnográfico da Neria, atrás quedan anos de esquecemento e peche. Dende xullo do ano pasado, as visitas teatralizadas promocionadas polo concello de Zas están convertindo este pazo nun dos puntos históricos máis interesantes da provincia.
As Torres do Allo – un dos pazos máis antigos de Galicia – reciben hoxe, a partir das 10 horas, a visita de máis de 40 participantes do congreso internacional “Viaxeiros II. Transitando pola Idade Media” organizado polos departamentos de Historia Medieval, Historia da Arte, Filoloxía Románica, Filoloxía Galaico-Portuguesa e Filoloxía Clásica da Universidade de Santiago de Compostela.