Página 1 de 1

Sober

Publicado: 01 Ago 2012, 09:15
por serba
"A asociación O Colado do Vento dedica un novo libro ás tradicións orais de Sober"

Francisco Albo
Monforte / La Voz 01 de agosto de 2012 05:00

A asociación cultural O Colado do Vento acaba de editar -coa axuda da Deputación- o libro Un pouquiño de tradición oral no Concello do Sober, a terceira publicación que o colectivo dedica a esta parcela da cultura popular da zona. O novo volume segue a mesma liña que os anteriores e reúne materiais recollidos por membros da asociación entre os veciños do municipio durante as dúas últimas décadas.

A obra presta atención a todos os aspectos da tradición oral e recolle narracións e lendas, ritos e crenzas, cantigas, refráns e expresións tradicionais, notas sobre toponimia e semblanzas de personaxes populares. Unha boa parte do libro está dedicada ás lendas que teñen por escenario a ribeira do Sil, ubicadas en paraxes características como o penedo do Ciriguilloto do Demo, a Pena do Cabalo, a Pena do Castelo, o miradoiro da Cividade ou a desembocadura do arroio de Xabrega.

Os autores do traballo sinalan que os materiais foron reproducidos tan fielmente como foi posible, polo que a linguaxe empregada nos textos non se axusta moitas veces á normativa oficial do galego. Varias cantigas recollidas no libro están en castelán, xa que -como é o caso das coplas de cegos- en certos casos proceden de fóra de Galicia. As letras dalgúns cantares, por outro lado, están acompañados da correspondente notación musical.

Nas últimas páxinas do libro consígnanse os nomes de todos os veciños que transmitiron os relatos, cantigas e ditos reunidos na obra, mencionando o lugar e a data en que foi recollido cada un destes materiais. As notas sobre toponimia utilizan datos tomados dos chamados libros de fábrica de varias igrexas do municipio.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/le ... 1C4992.htm


- Enlace relacionado:

"Memoria falada de Sober"
O Colado do Vento prepara un libro sobre a tradición oral do municipio
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/le ... 7C2991.htm

Sober ya estrenó el mirador colgante en el cañón del Sil

Publicado: 07 Nov 2012, 11:32
por serba
Diseñado por la arquitecta Isabel Aguirre, se ubica en Bolmente y la vista es espectacular
http://www.elcorreogallego.es/tendencia ... cia-775232

"Un pouquiño de tradición oral no Concello de Sober"

Publicado: 19 Feb 2013, 08:59
por serba
A asociación cultural O Colado do Vento presentará mañá o libro Un pouquiño de tradición oral no Concello de Sober, que publicou co apoio da Deputación. O acto celebrarase ás sete da tarde na biblioteca municipal [...]
É o terceiro volume que edita con este título o colectivo e, ao igual que os anteriores, reúne materiais recollidos directamente polos seus integrantes entre os veciños da zona. A publicación recolle diversos contos e lendas populares -moitas delas referentes á zona da ribeira do Sil-, cantigas, refráns e tradicións diversas, así como algunhas notas sobre toponimia. [...]
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/le ... 9C2995.htm

Un folleto divulga el románico de Sober

Publicado: 05 Abr 2014, 19:05
por serba
El Ayuntamiento de Sober editó un folleto turístico sobre el patrimonio románico local. La publicación señala las iglesias de Pinol, Lobios, Canaval, Proendos y Bolmente y elementos dispersos en otros templos.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/le ... 4C5994.htm

Pazo de Sober

Publicado: 13 Oct 2014, 12:00
por serba
Carlos Cortés
El Palacio de Sober, un sueño que no duró más que cuatro años
Inexperiencia y falta de respaldo hicieron naufragar este hotel de lujo
Cientos de personas acudieron a la jornada de puertas abiertas que se celebró en el 2010, poco antes de la inauguración oficial y con las obras todavía pendientes de los últimos retoques. Alberto Lópezhttp://media.lavozdegalicia.es/scale.php?i=/default/2014/10/13/0012_201410L13C5F6jpg/Foto/L13C5F6.jpg&w=465px http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lu ... 3C5991.htm
R., 2007-02-17
El Pazo de Sober se convertirá en un gran hotel de lujo tras su restauración
http://www.galiciadigital.com/noticia.2552.php

Homenaxe ás vitimas do franquismo en Sober

Publicado: 17 Oct 2014, 17:57
por serba

Sober

Publicado: 24 Oct 2014, 17:45
por serba
O IEM participará da homenaxe ás vítimas da represión franquista en Sober
Praza e Casa do Concello de Soberhttp://minhor.org/images/stories/xeiras/sober.jpg Este sábado 25 de outubro terán lugar os actos centrais da homenaxe ás vítimas do franquismo organizados no concello de Sober. Carlos Méixome Quinteiro, director do Instituto de Estudos Miñoranos, participará nunha mesa redonda sobre a represión en Galicia xunto co investigador Xurxo Ayán Villa. A mesma terá lugar a partir das 12:30 na Casa da Cultura de Sober. Os actos darán comezo media hora antes cunha sesión extraordinaria do pleno onde terá lugar unha declaración institucional do Concello de Sober en homenaxe ás vítimas. A actividade pechará cun acto cultural.
http://minhor.org/component/content/art ... a-en-sober

Alfarería de Gundivós, Sober

Publicado: 15 Ene 2015, 07:50
por serba
Francisco Albo
Un antigo documental con imaxes dos oleiros históricos de Gundivós
No canal dixital YouTube foi editado o pasado sábado o documental Alfarería de Gundivós, un traballo realizado en 1997 e dedicado á tradición oleira desta parroquia soberina que ata agora, ao parecer, tivo moi pouca difusión. A asociación cultural O Colado do Vento incluíu na súa web un enlace a este vídeo, pero os membros do colectivo din que descoñecían por completo a súa existencia ata que apareceu en YouTube.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/le ... 4C4991.htm
Pablo Quintana. Publicado el 10 de ene. de 2015
Documental gravado no concello de Sober (Lugo) en 1997 para I.D.C., a Iniciativa Comunitaria ADAPT, Proxecto Senda, no que se repasa a historia e produción deste centro oleiro tradicional.

Á caza do patrimonio en Sober

Publicado: 06 Mar 2015, 10:18
por serba
Francisco Albo | Monforte
A asociación cultural O Colado do Vento incluíu no seu programa de actividades para este ano unha iniciativa relacionada co patrimonio que non ten precedentes no sur lucense. O colectivo convocou para o 21 de xuño unha «quedada» na que poderán participar todas as persoas que o desexen e cuxa finalidade será fotografar e describir elementos do legado histórico e cultural do municipio para divulgalos a través da web Patrimonio Galego. Ata agora, Sober só conta con catorce elementos inventariados neste sitio e a intención da asociación é conseguir que ese número se incremente de forma significativa.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/le ... 5C4995.htm
http://coladodovento.blogspot.com.es
https://gl-es.facebook.com/colado.dovento

Pazo de Sober

Publicado: 05 Abr 2015, 20:26
por serba
Suspende pagos un hotel de lujo al que la Xunta dio cuatro millones

El Palacio de Sober, la historia del fracaso económico de un proyecto con gran respaldo público

Hotel Palacio de Sober / Nacho Gómezhttp://ep01.epimg.net/ccaa/imagenes/2015/04/04/galicia/1428180939_373303_1428181033_noticia_normal.jpg http://ccaa.elpais.com/ccaa/2015/04/04/ ... 73303.html

Sober

Publicado: 24 Abr 2015, 08:20
por serba
Agroma Sober pide que el Palacio sea declarado BIC
http://elprogreso.galiciae.com/noticia/ ... larado-bic

Pazo de Sober

Publicado: 01 May 2015, 18:15
por serba
Pepe Seijo | Lugo
De pazo en ruinas a hotel arruinado
El Palacio de Sober, único cinco estrellas de Lugo, restaurado con 4,6 millones que puso la Xunta, solicita en un juzgado de Madrid el concurso de acreedores
Hotel Palacio de Sober. / NACHO GÓMEZhttp://ep01.epimg.net/ccaa/imagenes/2015/04/12/galicia/1428866253_259006_1428867379_noticia_normal.jpg http://ccaa.elpais.com/ccaa/2015/04/12/ ... 59006.html

Chaman a voluntarios para localizar petróglifos no municipio

Publicado: 11 Jun 2015, 08:21
por serba
A asociación cultural O Colado do Vento, cumprindo un proxecto que anunciou o pasado marzo, organizará o día 21 unha xornada que terá por obxectivo reunir a un grupo de voluntarios para localizar elementos do patrimonio histórico e arqueolóxico de Sober, a fin de incluílos no catálogo dixital Patrimonio Galego. Desde que se deu a coñecer esta iniciativa, os integrantes do colectivo localizaron un conxunto de petróglifos totalmente descoñecido ata agora e recolleron testemuños orais sobre a existencia doutros gravados rupestres. Este novos petróglifos serán incluídos na xornada de búsqueda.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/le ... 9C2993.htm

Entrevista a Saleta López Vázquez sobre el patrimonio de Sober

Publicado: 21 Ene 2017, 17:15
por serba
Ana Rodil

"O patrimonio que non se coñece non se coida e se non se coida, termina por desaparecer"

Como traballo de fin de grao Saleta López Vázquez investigou o patrimonio material e inmaterial da parroquia de Cadeiras (Sober) e daquela entrou en contacto coa importancia dos retablos do municipio. Gardou a idea e agora aproveitou para profundizar nese tema no traballo de fin de máster

http://elprogreso.galiciae.com/noticia/ ... esaparecer

Hallan con un georradar una pequeña ciudad romana enterrada en Sober

Publicado: 22 Oct 2019, 16:11
por serba

Sober

Publicado: 20 Ene 2020, 19:26
por serba
O arqueólogo Francisco Alonso Toucido interpreta o gran complexo romano localizado en Proendos (Sober)

http://culturagalega.gal/noticia.php?id=30656

Patrimonio apoya la investigación del yacimiento arqueológico de Proendos

Publicado: 02 Abr 2020, 19:09
por serba
La Dirección Xeral do Patrimonio Cultural ha aceptado una propuesta del Ayuntamiento de Sober para profundizar en la investigación de un antiguo asentamiento situado en Proendos formado por una villa romana y otra del alto medievo.

Luis A. Rodríguez - https://www.elprogreso.es/articulo/ribe ... 31245.html