Cultura e Educación pon en valor a literatura galega...

Noticias de historia familiar
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Cultura e Educación pon en valor a literatura galega...

Mensaje por serba »

"Cultura e Educación pon en valor a literatura galega a través da difusión da obra de escritores clásicos e actuais"

A Consellería colabora coas principais fundacións de autor, como a de Rosalía de Castro, Otero Pedrayo, Vicente Risco, Casares ou Neira Vilas, na posta en marcha de premios, obradoiros, cursos, xornadas, edicións e dixitalización de fondos

Tamén apoia o labor do Centro PEN de Galicia e da Asociación de Escritores en Lingua Galega, dúas entidades de referencia no ámbito literario galego



Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2012.- Co obxectivo de poñer en valor as letras galegas, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten en marcha diferentes iniciativas que reforzan a difusión social da obra e do pensamento das nosas autoras e dos nosos autores clásicos e actuais e que, ao mesmo tempo, promoven o uso do galego a través da literatura.

Por unha banda, a Consellería apoia o importante labor que veñen desenvolvendo as principais fundacións de autor, entre as que se atopan a de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Otero Pedrayo, Vicente Risco, Carlos Casares ou Neira Vilas. Por outra banda, o departamento que dirixe Xesús Vázquez Abad coopera con dúas entidades de referencia no ámbito literario galego, o Centro PEN de Galicia e a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), ás que pertencen un importante número de autoras e autores de Galicia, entre as que se inclúen os escritores máis destacados.

Actualmente, os departamentos da Secretaría Xeral de Cultura e da Secretaría Xeral de Política Lingüística colaboran con estas entidades para a posta en marcha de diversas iniciativas que se veñen desenvolvendo ao longo de todo o ano.

Galardóns literarios
Entre as actividades coas que colabora a Consellería inclúense recoñecidos premios literarios, como o Trasalba, que lle concede a Fundación Otero Pedrayo a unha figura ou institución a prol da cultura galega vencellada á obra e á memoria do escritor ourensán; o Premio Vicente Risco de Cienciais Sociais; o Premio Estornela de teatro para nenos que convoca a Fundación Neira Vilas; o Premio Celanova, Casa dos Poetas, que promove a Fundación Curros Enríquez; o Premio Rosalía de Castro, instituído polo Centro PEN de Galicia en 1996; ou os Premios AELG.

No marco desta colaboración tamén se leva a cabo a edición de diversas obras. É o caso da correspondencia de Vicente Risco e Teixeira de Pascoaes; ou as publicación de Poetas con Rosalía IV e dun novo conto da colección Tres Pitas Brancas, estas dúas da Fundación Rosalía de Castro.

Tamén destaca a realización de diversos tipos de obradoiros, entre eles a Escola de Escritores/as da AELG, de creación literaria; os obradoiros de recompilación de traballos sobre historia e cultura local que promove a Fundación Vicente Risco; ou os obradoiros de traballos manuais para fomentar a lectura entre os máis pequenos organizados pola Fundación Curros Enríquez.

Dixitalización de fondos

Co obxectivo de favorecer o acceso á obra dos nosos escritores e escritoras e de garantir a a súa conservación e posta en valor, a Consellería apoia o labor de catalogación, dixitalización e divulgación da documentación do arquivo da Fundación Vicente Risco, así como dos fondos bibliográficos da Fundación Neira Vilas. Neste mesmo marco de actuación, a Consellería colabora coa posta en marcha da primeira fase da Biblioteca Dixital E-Bock Otero Pedrayo, que ten como obxectivo impulsar a difusión na rede da obra do escritor.

Cursos e xornadas
Os cursos e xornadas son outras das iniciativas que se desenvolven para favorecer unha maior difusión da literatura galega entre a cidadanía. É o caso da iniciativa Onde o Mundo se Chama Celanova, unha xornada de convivencia cos centros de toda Galicia que levan o nome de Curros Enríquez e aos que este ano se sumaron os centros Celso Emilio Ferreiro, por se celebrar o centenario do autor de Longa noite de pedra; as xornadas que se realizan no marco dos Diálogos Literarios do Gaiás, un encontro anual da literatura galega con representantes doutros sistemas literarios que xira ao redor da figura de Carlos Casares; as xornadas Romasanta da Fundación Vicente Risco, con múltiples propostas de actividades para os máis pequenos, ou as xornadas que promove esta mesma entidade para a animación á lectura a partir da obra Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros.

A conferencia Escritores na Universidade, da AELG; os encontros sobre lingua e cultura galegas a cargo do escritor Xosé Neira Vilas; a celebración de destacadas datas no ámbito literario, como o Día Mundial da Poesía ou o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que leva a cabo a Fundación Rosalía de Castro; e as diversas exposicións promovidas pola Fundación Vicente Risco son outras das iniciativas que promove Cultura e Educación para a difusión e a posta en valor das letras galegas.

Paz-Andrade e Celso Emilio Ferreiro
Xunto co apoio a estas entidades, a Consellería puxo en marcha este ano unha completa programación para a difusión social da obra de dous autores de referencia para a cultura e para a lingua galegas: Valentín Paz-Andrade, homenaxeado no Día das Letras Galegas, e Celso Emilio Ferreiro, do que se cumpriu este ano o centenario do seu nacemento e o 50º aniversario da publicación de Longa noite de pedra.

Ademais, nesta mesma liña de actuación enmárcase o convenio asinado entre a Secretaría Xeral de Cultura co Concello de Outes para a conmemoración do bicentenario do nacemento de Francisco Añón, que se traducirá na celebración de diversos actos de homenaxe e de recuperación deste autor, o máis importante dos cales será a celebración dun congreso que terá lugar os días 4 e 5 de outubro de 2012 na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... escritores
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Valentín Paz-Andrade y Celso Emilio Ferreiro

Mensaje por serba »

"A Consellería de Cultura e Educación leva ao espazo Xoven de Ourense a exposición multimedia sobre Valentín Paz-Andrade"
A mostra poderá visitarse desde hoxe ata o vindeiro 5 de novembro

A seguinte parada será no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, no mes de decembro
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... multimedia


- "A exposición interactiva coa que Cultura e Educación homenaxea a Celso Emilio Ferreiro poderá visitarse ata o vindeiro luns no IES Francisco Daviña Rey, en Monforte"
A iniciativa enmárcase nas actividades programadas pola Xunta de Galicia para conmemorar o Ano Celso Emilio Ferreiro, co gallo do centenario do nacemento do poeta

A mostra continuará a súa itinerancia a partires do día 6 de novembro no IES Illa de Tambo, en Marín
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... o-ferreiro
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Congreso Valentín Paz-Andrade

Mensaje por serba »

Pontevedra, 13 de decembro de 2012
O Congreso Valentín Paz-Andrade, organizado pola Real Academia Galega (RAG) en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e o Concello de Pontevedra, analiza desde hoxe e ata o sábado 15 a vida e a obra do escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012.

O Pazo de Congresos de Pontevedra acolleu esta mañá a inauguración do congreso, que, segundo afirmou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, “foi concibido con rigor e cunha intención clara de pechar este Ano Valentín Paz-Andrade cun estudo crítico global da súa figura, que permitirá no futuro contar con bases para seguir afondando no coñecemento das súas actividades e producións”. [...]

Intervirán biógrafos do homenaxeado, como Charo Portela, Tucho Calvo ou Xan Carballa; especialistas da crítica literaria, como Xesús Alonso Montero ou Xosé Luís Axeitos e ensaístas da historia e da política, como Emilia García López, Xosé Manuel Beiras ou Xusto Beramendi, entre outros.
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... n-congreso
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

O Pazo da Cultura reivindica o polifacetismo de Paz-Andrade

Mensaje por serba »

A vida do emprendedor galeguista, a estudo durante tres días

http://www.farodevigo.es/portada-pontev ... 26703.html


- (15/12/2012)
Xesús Vázquez Abad anima ás novas xeracións a seguir o legado de Paz Andrade e concibir Galicia como “un suxeito dinámico e activo”

O conselleiro de Cultura e Educación participou hoxe na clausura do congreso celebrado en Pontevedra en homenaxe ao intelectual ao que se lle dedicou o Día das Letras
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... ir-galicia
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

axudas á edición de materiais didácticos en lingua galega

Mensaje por serba »

"Cultura e Educación convoca axudas á edición de materiais didácticos en lingua galega"

Hoxe publícase no DOG a orde de subvencións destinada ás editoriais que publiquen na lingua propia de Galicia recursos didácticos para o ensino non universitario

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o día 1 de marzo
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... gua-galega
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Bienal Literaria “De pedra e de palabra”

Mensaje por serba »

Cultura e Educación e o Pen Club Galicia celebran o 15 e 16 de marzo no Gaiás a V Bienal Literaria “De pedra e de palabra”

Creada en 2006 co obxectivo de darlle visibilidade á literatura galega, a Bienal Literaria do Centro PEN chega este ano ao Gaiás no marco da mostra Gallaecia Petrea, en exposición no Museo Centro Gaiás ata o 31 de marzo. Tras abordar o diálogo de Galicia coas letras veciñas, voces de África e Asia ou as fondas relacións da nosa comunidade con América, esta V Bienal Literaria servirá para achegarnos a diferentes tipos de literatura procedentes de diversas rexións de Europa e coas que Galicia non tivo un gran vínculo ata o de agora.
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... aria-pedra
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
Cristina B
Administrador
Administrador
Mensajes: 1082
Registrado: 10 Ago 2005, 09:00

Gravación inédita dun discurso de Paz-Andrade

Mensaje por Cristina B »

A Federación de Asociacións da Prensa de Galicia (FEGAPE) fixo entrega hoxe ao Consello da Cultura Galega dunha gravación inédita do discurso pronunciado por Valentín Paz-Andrade, o 10 de xullo de 1984 no Pazo de Fonseca, en Santiago de Compostela, con motivo da constitución da FEGAPE, en calidade de presidente de honor da mesma.
http://consellodaculturagalega.bandcamp ... az-andrade
Responder