A Ponte Dona

Noticias de historia familiar
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

A Ponte Dona

Mensaje por serba »

O conselleiro de Cultura e Educación destaca que o investimento de máis de 113.000 euros “permite recuperar para os galegos referentes culturais como a Ponte Dona”

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2012.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, destacou hoxe o compromiso da Xunta de Galicia co patrimonio cultural, un compromiso que se demostra co investimento de máis de 113.000 euros “que permite recuperar para os galegos de hoxe e do futuro referentes culturais como a Ponte Dona, que une aos veciños de dos concellos colindantes de Ponteceso e Coristanco desde hai séculos”. Así o expresou durante a súa visita a esta ponte, na que a Consellería está a executar a segunda fase dos traballos para a mellora da súa estrutura, que resultou afectada en 2010 por unha crecida do río Anllóns, que salva esta infraestrutura, protexida polo seu valor cultural ou que forma parte do patrimonio cultural de Galicia.

Tal e como explicou Vázquez Abad, o compromiso da Consellería coa conservación do noso patrimonio quedou de manifesto cando atendeu con prontitude a demanda de axuda por parte dos concellos para abordar unha solución para a ponte, tras os danos sufridos. Froito destes encontros, Cultura e Educación está a executar traballos de mellora nesta ponte.

“Desde a Consellería consideramos que esta recuperación é fundamental, polo valor histórico da ponte como nexo de unión entre os veciños das parroquias de Xornes e Cereo, polo menos desde o século XIX”, explicou Vázquez Abad. “Ademais, non podemos esquecer a presenza desta infraestrutura na poesía de Eduardo Pondal, cuxos paseos por esta paisaxe deberon servir como inspiración para moitas das súas obras, hoxe patrimonio tamén de todas as galegas e galegos”, engadiu.

As obras
A ponte, de construción popular, está composta por cinco vanos alintelados de pedra, con catro pías de mampostería unidas por morteiro e un recheo de material granular. Os danos sufridos afectaron, principalmente, ás pías da mesma. A rotura parcial dunha destas pías ocasionou a caída do lousado dun dos vanos, o que impedía o uso da ponte ao tempo que supoñía un grave risco para a conservación da mesma.

As obras nesta segunda fase actúan nos alicerces das pías e estribo, repoñendo as pezas que faltan e inxectando morteiro para a súa consolidación. Está prevista ademais a execución dun zuncho de formigón armado perimetral, que reforce á cimentación e que evite o arrastre e a erosión que ocasiona o río.

Por outra parte, estase a facer unha recuperación manual das pezas orixinais existentes na canle do río, a reposición de fábrica de mampostería das pías e o recheo interior das mesmas para proceder á reposición da fábrica de cantaría da pía, tallamares e espolóns, os peitorís e o lousado de pedra.

Ademais, para mellorar a conservación da ponte, procédese ao desbroce, corte e destoconado das árbores e vexetación que afecta directamente á fábrica da mesma.

Estas obras dan continuidade e rematan as realizadas nunha fase anterior, que con carácter urxente, atenderon á consolidación e reforzo da estrutura á espera que as condicións de nivel da corrente do río permitise executar a reparación. Esta obra de urxencia evitou o colapso da ponte e o agravamento dos danos, o permite agora, con esta segunda fase en execución completar a conservación e restauración da ponte e dotalo dos medios acaídos para a súa permanencia destinado ao seu uso habitual e así garantir a súa transmisións ás xeracións vindeiras.
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... os-permite
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder