Dialnet Plus: Novas funcionalidades e un novo concepto=> http://carenal.wordpress.com/2012/09/14 ... -concepto/A maior hemeroteca de artigos científicos en español en internet, Dialnet, é froito da colaboración de 58 bibliotecas universitarias españolas (entre elas a de Santiago de Compostela), ademais de numerosas bibliotecas internacionais e especializadas. O número de documentos que se poden consultar en Dialnet supera na actualidade os 3.620.000. Entre eles atopamos artigos de revistas, capítulos de libros, teses de doutoramento, etc. O 15% destes documentos están dispoñibles a texto completo.
Desde Dialnet informan dunha renovación das funcionalidades que permiten realizar buscas máis precisas, crear alertas personalizadas, listas de referencias… Todas esas opcións, aparecen agora dentro dun novo concepto denominado Dialnet Plus.
Páxina principal de Dialnet => http://dialnet.unirioja.es/




