Páxina 1 de 1

Real Academia Galega (RAG)

Publicada: 28 Out 2012, 17:01
por serba
Ferrín remite unha carta a Rajoy pedindo un trato xusto para a RAG
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/oc ... P41991.htm

Re: Real Academia Galega (RAG)

Publicada: 19 Dec 2012, 08:15
por serba
"O conselleiro de Cultura e Educación manterá esta semana un encontro cos membros da Real Academia Galega"

Xesús Vázquez Abad recordou no Parlamento que a Xunta fixo no 2012 un importante esforzo económico e as achegas autonómicas foron de máis de 550.000 euros

A administración presta apoio e colaboración institucional á RAG para a organización de actividades para a promoción e fomento do patrimonio cultural e da lingua galega
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... l-academia

A Real Academia precisa un millón de euros ó ano

Publicada: 26 Dec 2012, 16:31
por serba
A Real Academia Galega (RAG) necesita ao redor dun millón de euros para manter o seu funcionamento actual. É o cálculo que realiza o seu presidente, Xosé Luís Méndez Ferrín, tendo en conta tanto as súas actividades e proxectos, como as súas instalacións, a súa páxina web e o persoal funcionario que traballa xunto cos académicos no día a día.

http://www.laregion.es/noticia/236678/a ... lon/euros/

RAG

Publicada: 09 Xan 2013, 14:15
por serba
O fillo de Parga Pondal doa á RAG o mecanoscrito de “A rosa de cen follas”

A RAG presentará mañá unha nova xoia que pasará aos arquivos da institución xunto a outras igual de importantes e dentro do legado da familia Parga Pondal. Trátase do mecanoscrito orixinal do libro “A rosa de cen follas” (1927), de Ramón Cabanillas, que contén unha adicatoria a Enrique Peinador, o sogro do xeólogo e avó do que ten a ben trasladar a peza á rúa de Tabernas, en calidade de doazón.
http://www.elidealgallego.com/articulo/ ... 00207.html


Por otra parte, la RAG también es hoy noticia, por la cuantía económica que recibirá de la Xunta: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/oc ... 973060.htm

A rosa das cen follas de Cabanillas xa está na Real Academia

Publicada: 11 Xan 2013, 07:46
por serba
A depositou Jorge Parga, que a atopou entre as cousas do seu pai, o insigne xeólogo Isidro

Jorge Parga Peinador, home de apelidos galegos de avoengo, fillo do insigne xeólogo Isidro Parga Pondal, neto de Enrique Peinador fundador do Balneario de Mondariz, e parente de Eduardo Pondal Abente, atopou entre as cousas do seu paí o manuscrito da obra "A rosa das cen follas", escrita por Ramón Cabanillas, así coma outros documentos, que onte entregou a Real Academia Galega.
http://www.elcorreogallego.es/tendencia ... ia-785386/

Donación de la biblioteca de Arjona a la RAG

Publicada: 26 Xan 2013, 17:16
por serba
"A RAG recibe a biblioteca de Arjona, un dos fundadores da UPG"

Natalia Gómez, viúva de Xosé Antón Arjona Santiago, doou á Real Academia Galega (RAG) unhas 60 caixas con libros, documentos, anotacións e artigos de Arjona, un dos primeiros fundadores da Unión do Povo Galego (UPG) en 1963.
http://www.laopinioncoruna.es/cultura/2 ... 86821.html

Xosé Fernández Ferreiro, nuevo miembro de la RAG

Publicada: 05 Mar 2013, 08:08
por serba
A Real Academia Galega (RAG) acollerá este sábado o acto de ingreso do escritor Xosé Fernández Ferreiro, que ocupará a vacante que deixou Francisco Fernández Del Riego, e que será o último evento presidido por Xosé Luís Méndez Ferrín ata o pleno no que formalizará a súa renuncia ao cargo da institución.
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-g ... ia-794559/

A RAG cataloga varias publicacións históricas do XIX e XX

Publicada: 03 Abr 2013, 17:56
por serba
Son publicacións periódicas moi relevantes para comprender o nacemento do galeguismo e da cultura galega contemporánea, e consérvanse no arquivo da Real Academia Galega. Estes días, a institución fixo públicas as dixitalizacións dalgunhas destas revistas senlleiras, coma O Vello do Pico-Sagro, promovida polos irmáns De la Iglesia, Galicia Diplomática, fundada polo arquiveiro Bernardo Barreiro de Vázquez Varela ou a revista Galicia: revista quincenal ilustrada, que chegou a estar dirixida por Basilio Álvarez. Entre as cousas que se poden explorar, está unha vívida crónica orixinal do XVII do ataque pirata berberisco a Cangas.
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=22504

-
M.M. - VIGO - La Real Academia Galega rinde hoy homenaje en A Coruña al que fue el presidente de la asociación iniciadora y protectora de la RAG en La Habana, Cuba, el religioso José Rubinos Ramos. El motivo del acto radica en que, en este ejercicio, se cumplen 115 años de su nacimiento así como cincuenta de su fallecimiento.

Rubinos, que nació en A Coruña y falleció en Miami, fue también académico de honra de la institución. Tras realizar estudios medios, ingresó como novicio en 1914 en la Compañía de Jesús pero fue en Quito, Bogotá, donde se doctoró en Filosofía y Ciencias en 1917.
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultu ... 84128.html

A Academia devolve a NCG a casa de Rosalía e Murguía na Coru

Publicada: 12 Mai 2013, 17:24
por serba
A RAG non conseguiu os fondos necesarios para converter na súa segunda sede o edificio onde viviron os escritores entre 1872 e 1873.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/oc ... P42992.htm

Discurso lido na sesión inaugural da Academia

Publicada: 23 Mai 2013, 09:19
por serba

Actualización do Dicionario da Real Academia Galega

Publicada: 11 Xuñ 2013, 15:01
por serba
Entre as novas melloras engadidas atopamos o buscador de sinónimos, a posibilidade de facer buscas avanzadas e a aplicación para móbiles.
http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2

- "Homenaxe a Díaz Castro na Academia"
O acto, organizado pola Asociación Cultural Xermolos e o Instituto Poeta Díaz Castro de Guitiriz, ten como obxectivo a promoción da candidatura deste autor ao Día das Letras Galegas 2014.
http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2

Real Academia Galega (RAG)

Publicada: 01 Ago 2013, 08:28
por serba
Unha excursión ao Pico Sacro en 1838, a carta en galego de Álvarez de Castro a Rosalía de 1864, os Rogos dun Gallego publicados en 1813 e a segunda parte da historia dos pesos cubanos en poder da Academia son os temas desenvoltos nesta ocasión.
http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2

A Xunta ratifica unha axuda de 232.000 € á Academia

Publicada: 02 Ago 2013, 09:37
por serba
O consello autorizou un convenio entre Cultura e a RAG polo que se financiarán proxectos de investigación lexicográfica e sociolingüística
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/oc ... P40991.htm

Real Academia Galega (RAG)

Publicada: 11 Dec 2013, 10:23
por serba
"La Real Academia Galega reubicará parte de sus fondos y personal en la Cidade da Cultura"

Los seminarios de Lexicografía, Sociolingüística, Terminoloxía y Toponimia se trasladarán a la Biblioteca y al Arquivo - Hasta ahora carecían de un espacio propio en Santiago
http://www.farodevigo.es/galicia/2013/1 ... 30678.html
- http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2
* 12-12-2013:
"Durante un decenio, a RAG terá dependencias para uso propio na Cidade da Cultura, grazas a un acordo de cesión gratuíta coa Xunta"
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... zas-acordo

Boletín da Real Academia 372

Publicada: 19 Dec 2013, 18:14
por serba
'Boletín da Real Academia 372' dedicado a Lois Pereiro
Neste monográfico recóllense os estudos e achegas críticas sobre a vida e a obra do poeta monfortino emitidos pola Academia ao longo do ano 2011.
http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2
- Enlace: viewtopic.php?f=6&t=2776#p21860

A biblioteca Mirambell-Malibrán

Publicada: 14 Xan 2014, 08:52
por serba
"A biblioteca Mirambell-Malibrán"
O 22 de novembro de 1927, o empresario catalán afincado en Vigo e membro correspondente desta institución, Tomás Mirambell, fixo doazón á Academia dunha importante colección bibliográfica.
A doazón, composta por máis de catrocentas obras, é descrita no Boletín da Real Academia Galega Nº 200 de xaneiro de 1928 [...]
http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2

(RAG) A primeira historia da Academia

Publicada: 25 Xan 2014, 16:17
por serba
(Pdf)
"A primeira historia da Academia"
En 1953, a Real Academia Galega facía pública a súa primeira historia de mans do membro numerario Ramón Villar Ponte.
http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2

RAG: Giulia Lanciani, Académica de honra

Publicada: 08 Mar 2014, 17:13
por serba
"Recepción de Giulia Lanciani"
A nova académica de honra evocou no seu discurso o proceso de descuberta e reapropiación do noso corpus lírico medieval e defendeu, asemade, a tese da súa exclusiva galeguidade.
O discurso de Giulia Lanciani titulado Aventuras e desventuras da transmisión manuscrita da lirica medieval galega, pódese descargar aquí. [PDF 7.8Mb]
http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2

'Carta a un corvo...' de Avilés de Taramancos

Publicada: 21 Mar 2014, 16:09
por serba
'Carta a un corvo...' de Avilés de Taramancos
Hoxe, no Día Internacional da Poesía, publicamos un texto do poeta Antón Aviles de Taramancos, nado en Noia o 6 de abril de 1935, e finado na Coruña un 22 de marzo de 1992.
Antón Avilés de Taramancos de volta en Galicia en 1974 (Familia Avilés Baquero).http://www.realacademiagalega.org/image/image_gallery?uuid=60e18378-ec4b-4dc9-b467-cf80b1b0bf02&groupId=10157&t=1395398164925 http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2
- Enlace: viewtopic.php?f=16&t=4811

Doazón do legado de José Ogea

Publicada: 25 Mar 2014, 18:14
por serba
RAG
"Doazón do legado de José Ogea"
Entre o valioso material doado, áchase un exemplar dedicado de A mi madre, de Rosalía de Castro, así como primeiras edicións dos nosos clásicos, e abondosas pezas hemerográficas e documentais.
No acto estiveron presentes Annunciata Rey Ruíz, o seu neto, Fabio Alonso Rey; o presidente da Academia, Xesús Alonso Montero e o membro numerario, Xosé Ramón Barreiro Fernández. Escusou a súa presenza, por motivos de saúde, Enrique Rey Lorenzo, propietario do fondo doado.
En palabras do presidente da Academia, Xesús Alonso Montero, a doazón do legado de José Ogea constitúe "un capítulo moi importante na historia da conservación e transmisión do noso patrimonio cultural".
http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2

Real Academia Galega (RAG)

Publicada: 14 Abr 2014, 15:44
por serba
A Consellería de Cultura e Educación renova o seu compromiso coa Real Academia Galega para a transferencia de fondos
A Real Academia Galega consta de tres seccións que, á súa vez, se conforma en grupos de traballo ou seminarios, en función das características e da operatividade da devandita sección: a sección de Historia desenvolve un importante traballo arredor da investigación dos diferentes aspectos vencellados á historia da institución e á de Galicia; a sección de Literatura encárgase da recuperación de textos literarios galegos, do estudo da nosa literatura e da organización de eventos relacionados con ela; a sección de Lingua ten en marcha os seminarios de Gramática, de Lexicografía, de Onomástica, de Sociolingüística e de Terminoloxía Galega.
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... mia-galega

Achado o primeiro número de 'La tierra gallega'

Publicada: 21 Abr 2014, 16:33
por serba
Achado o primeiro número de 'La tierra gallega'
A doazón procedente de José Ogea contén o primeiro número do semanario La tierra gallega, fundado por Manuel Curros Enríquez na Habana o 8 de abril de 1894.
http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2

Real Academia Galega (RAG)

Publicada: 11 Xuñ 2014, 09:37
por serba
O 'Picaraño', periódico republicano, radical, revolucionario do Entrimo
Entre o material procedente da doazón de José Ogea atopamos esta verdadeira rareza xornalística, o xornal quincenal o Picaraño, publicado no Entrimo entre 1909 e 1910.
Capa do xornal.http://www.realacademiagalega.org/image/image_gallery?uuid=a6fc325e-eeb8-4c23-bd14-c4aecde37934&groupId=10157&t=1402395091699 http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2

Sobre a Hemeroteca da Real Academia Galega

Publicada: 19 Xuñ 2014, 13:56
por serba
Sobre a Hemeroteca da Real Academia Galega
FONDOS
A hemeroteca conserva nos seus fondos máis de 2.500 cabeceiras de revistas publicadas ao longo dun período de douscentos anos. De especial importancia é a sección de publicacións galegas, que reúne títulos tan significativos como Diario de Santiago, Semanario instructivo, El Idólatra de Galicia, O Vello do Pico-Sagro, A Nosa Terra, Nós ou Vida gallega. Tamén resulta de grande interese o conxunto de revistas americanas, editadas as máis delas polas colectividades galegas que viviron na emigración cubana e arxentina a finais do século XIX e principios do XX.
Polo seu valor histórico cómpre mencionar tamén as revistas que proceden de coleccións persoais, e moi nomeadamente aquelas que pertenceron a Manuel Murguía, a Emilia Pardo Bazán, aos irmáns Antonio e Francisco Mª de la Iglesia, e, máis recentemente, ao académico Isidro Parga Pondal.
http://www.realacademiagalega.org/hemer ... ent_page=7

Manuscrito orixinal de 'Maxina', de Marcial Valladares

Publicada: 20 Xuñ 2014, 12:41
por serba
http://www.realacademiagalega.org/image/image_gallery?img_id=269686&t=1403075052354Manuscrito orixinal de 'Maxina', de Marcial Valladares
No Arquivo da Academia atesouramos o manuscrito orixinal da primeira novela escrita na nosa lingua: Maxina ou a filla espuria, de Marcial Valladares, con data de 1870 e titulada Majina.
http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2
Publicado por Pousada: <<Marcial Valladares. Escritor>>
viewtopic.php?f=16&t=4770

RAG: 80 aniversario da recepción de Villar Ponte e Castelao

Publicada: 24 Xul 2014, 08:15
por serba
80 aniversario da recepción de Villar Ponte e Castelao na Academia
O 24 e 25 de xullo de 1934 ingresaban na Academia dúas figuras senlleiras no panorama cultural e político galego da época: Antón Villar Ponte e Castelao.
Recepción de Castelao na Academia. Sentados, Risco, Castelao, Lugrís Freire. Villar Ponte e Félix Estrada Catoyra.http://www.realacademiagalega.org/image/image_gallery?uuid=b3e38bb9-2886-4fe0-8c97-c42535f781e1&groupId=10157&t=1406111286844 http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2

RAG: Ingreso de Nélida Piñón

Publicada: 29 Set 2014, 08:36
por serba
Ingreso de Nélida Piñón
No seu discurso, a nova académica de honra salientou a importancia da memoria familiar e da histórica na construción do seu imaxinario narrativo. A resposta, en nome da Academia, correspondeulle a Ramón Villares.
http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D3
- Enlace:
viewtopic.php?f=6&t=7366

Dispoñible en liña o Boletín da Real Academia Galega nº 373

Publicada: 23 Dec 2014, 14:41
por serba

RAG: Doazón de Francisco Cerviño

Publicada: 10 Xan 2015, 16:01
por serba
Doazón de Francisco Cerviño
Entre os valiosos documentos doados polo exdeputado e membro correspondente da Academia, áchanse un exemplar da Engádega ás normas para reunificazón do idioma galego, do Seminario de Estudos Galegos, e outro titulado Os Nosos: Méndez Núñez, publicado por Ultreya.
En total, son cinco os documentos entregados por Francisco Cerviño á Academia [...]
http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D3
- Enlace:
http://www.foros.xenealoxia.org/viewtop ... 35&t=11066

Presentación de la RAG y Fundación Barrié

Publicada: 15 Mar 2015, 18:28
por serba
La Real Academia Galega y la Fundación Berrié presentaron ayer el último volumen de las obras completas de Manuel Antonio, que recoge su epistolario.

Dentro de la colección “Clásicos da Academia”, el nuevo volumen pone en manos de los estudiosos y lectores en general “una edición guiada por la máxima atención a la voluntad original del poeta”, señalan los promotores de la iniciativa.
En el primer volumen sobre el poeta rianxeiro se publicaron sus inéditos en prosa, “descubriendo un Manuel Antonio cultivador del relato breve y el ensayo” y, en éste, se duplica el número de la correspondencia ya publicada, además de corregir errores, de manera que se permite “iluminar aspectos de la vidas del poeta apenas vislumbrados y seguir la construcción de su extraordinaria personalidad artística e intelectual”.

Henrique Monteagudo, Javier López, Adolfo Muiños y Xosé Luis Axeitos presentan el libro. Xoán Rey http://www.elidealgallego.com/media/idealgallego/images/2015/03/15/2015031500190931265.jpg http://www.elidealgallego.com/articulo/ ... 33371.html

Real Academia Galega de Ciencias

Publicada: 20 Xuñ 2015, 09:55
por serba
Elena Ocampo | Vigo

La doctora en biología y profesora en el Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) del Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) en Vigo, Aida Fernández Ríos, ya es miembro de la Real Academia Galega de Ciencias (RAGC).

http://www.farodevigo.es/sociedad-cultu ... 62452.html

Centenario das Irmandades da Fala

Publicada: 01 Xul 2015, 08:09
por serba
EFE | A Coruña

La Real Academia Galega (RAG) y el Ayuntamiento de A Coruña han iniciado hoy una serie de contactos para colaborar en los preparativos de la celebración en 2016 del centenario de las Irmandades da Fala.

http://www.elcorreogallego.es/tendencia ... cia-940273
- Enlace:viewtopic.php?f=6&t=9149#p35666

Tal día coma hoxe, o 30 de setembro de 1906, nacía oficialmente a Real Academia Galega

Publicada: 30 Set 2015, 20:30
por serba
Tal día coma hoxe, o 30 de setembro de 1906, nacía oficialmente a Real Academia Galega. A iniciativa xurdiu na Galicia emigrante na Habana, que lle encomendou a Manuel Murguía crear e constituír unha institución encargada de elaborar o dicionario e a gramática do idioma do país. Pero o mandato non se cumpriu inicialmente como se agardaba. A sesión inaugural, celebrada na Coruña, quedou reflectida en galego, con emoción e un chisco de retranca, nunha crónica non oficial da académica correspondente Hipólita Muíño que recuperamos 109 anos despois.

Retrato dos fundadores da Real Academia Galega. Na primeira ringleira, sentados, José Ogea, Manuel Murguía, Manuel Curros Enríquez e Andrés Martínez Salazar. De pé, Uxío Carré, Florencio Vaamonde Lores, Francisco Tettamancy e Eladio Rodríguez. Fotografía de Avrillon conservada no Arquivo da RAGhttp://academia.gal/image/image_gallery?uuid=7c430669-5a47-4ccd-aec7-71e13de24951&groupId=10157&t=1443624979121
http://academia.gal/novas/-/asset_publi ... _count%3D4
- Basilio Losada ingresa este sábado na Real Academia Galega como membro de honra
http://academia.gal/novas/-/asset_publi ... _count%3D4

RAGC: Senén Barro Ameneiro

Publicada: 14 Out 2015, 15:08
por serba
O profesor e ex reitor da USC Senén Barro ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

O catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade de Santiago, Senén Barro Ameneiro, ingresa na tarde deste mércores 14 como académico numerario da Real Academia Galega de Ciencias. Barro sumarase á sección de Matemáticas, Física e Física do Cosmos da Academia.

http://xornal.usc.es/xornal/acontece/20 ... _0075.html

O desafío do primeiro discurso en galego da posguerra (11-11-1949)

Publicada: 11 Nov 2015, 22:29
por serba
Ningunha disposición legal prohibía nos anos 40 de forma expresa o uso do galego no mundo editorial, nin tampouco empregalo en certas tribunas públicas. Pero o que o franquismo non censuraba de iure censurábao de facto. O primeiro en desafiar esta norma non escrita nun acto público foi Ramón Otero Pedrayo. Aconteceu tal día coma hoxe, o 11 de novembro de 1949, na inauguración dun monumento a Lamas Carvajal co gallo do centenario do seu nacemento. Desde ese momento, as autoridades franquistas impediríanlle de forma reiterada empregar a lingua do país mesmo nos actos da Real Academia Galega.

http://academia.gal/novas/-/asset_publi ... _count%3D4

O elo galego de Antonio Machado

Publicada: 19 Nov 2015, 16:02
por serba
A III Aula Juan de Mairena, celebrada baixo o título Machado, el exilio español, contou coa participación do presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, quen puxo o acento na súa conferencia na relación entre Antonio Machado e o folclore. O seu pai, Antonio Machado Álvarez, fora pioneiro nesta materia como estudoso e como fundador ou alentador de sociedades, unha delas El Folclore Gallego, nada na Coruña en 1881 e coa que colaborou, lembra Alonso Montero.

Antonio Machado Álvarez (1848-1893) naceu en Santiago de Compostela, onde era catedrático o seu pai, Antonio Machado Núñez. Aínda que con só 40 días se trasladou a Sevilla, terra da familia, e xa non volveu a Galicia, relacionouse con escritores galegos, como a coruñesa Emilia Pardo Bazán, e, sobre todo, con estudosos do folclore literario, como Manuel Murguía ou Xosé Pérez Ballesteros.

http://academia.gal/novas/-/asset_publi ... _count%3D4

Real Academia Galega de Belas Artes

Publicada: 27 Xan 2016, 16:12
por serba
Javier García | A Coruña

A Real Academia Galega de Belas Artes (Ragba) celebrou onte unha nova sesión do ciclo Martes das Artes, unha serie de encontros abertos a todo o público sobre o patrimonio cultural galego. A cita serviu para presentar tres publicacións propias da Academia, o número 46 da Revista Abrente, a monografía El Maestro Mateo y el arte de Galicia escrita polo profesor e académico Ramón Yzquierdo Perrín, e o discurso de ingreso como académico de honor de Rafael Moneo Vallés coa resposta do académico e arquitecto Xosé Manuel Casabella.

http://www.elcorreogallego.es/tendencia ... cia-976678
- http://www.academiagallegabellasartes.o ... brente.asp

Enrique Jiménez ingresa na Academia Galega de Belas Artes na sección de música

Publicada: 25 Feb 2016, 15:25
por serba
VÍA LÁCTEA COMUNICACIÓN

A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) celebrará o sábado, día 27, unha sesión extraordinaria pública na capela do Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela (Praza do Obradoiro, 1) ás 12:30 horas para a recepción do académico electo da Sección de Música, Enrique José Jiménez Gómez.

Jiménez pronunciará o seu discurso de ingreso, titulado “A magna triloxía violinística galega do século XX”.

http://www.elcorreogallego.es/portada/e ... cia-982072

A Real Academia Galega lamenta o pasamento de David Mackenzie

Publicada: 27 Feb 2016, 16:33
por serba
A Real Academia Galega lamenta o pasamento de David Mackenzie

David Mackenzie faleceu hoxe en Santiago de Compostela, cidade na que residía actualmente. A Real Academia Galega, institución da que era membro correspondente desde 2001, expresa o seu fondo pesar polo seu pasamento. O profesor, nado en Sutton-in-Ashfield, Nottinghamshire, en 1943, contribuíu de xeito decisivo á expansión dos estudos galegos no mundo académico anglófono e internacional. [...]

O seu labor comprometido coa cultura galega foi recoñecido con diferentes distincións. En 1994 recibiu o Pedrón de Honra e o "Hispanic Achivement Award at the London Hispanic Festival". En 2014, a Xunta de Galicia concedeulle o Premio da Cultura Galega na modalidade de Lingua e o verán pasado foi homenaxeado polo Instituto da Lingua Galega coa publicación de En memoria de tanto miragre: estudos dedicados ó profesor David Mackenzie.

http://academia.gal/novas/-/asset_publi ... _count%3D4

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... alega-2014
http://culturagalega.gal/noticia.php?id=26183

Q.E.P.D.

Sarmiento e o 'Onomástico', un "fito senlleiro" na historiografía da lingua

Publicada: 09 Mar 2016, 15:21
por serba
O 9 de marzo de 1695 nacía en Vilafranca do Bierzo Pedro Xosé García Balboa, coñecido como Frei Martín Sarmiento. Precursor da filoloxía románica moderna, foi unha das primeiras voces en reivindicar a valía do galego para se expresar en todos os ámbitos, desde o ensino e a administración á liturxia. Unha das súas obras, o Onomástico etimológico de la lengua gallega, foi analizada con detalle por Xulio Francisco Ogando no seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, dispoñible desde hoxe en academia.gal.

http://academia.gal/novas/-/asset_publi ... _count%3D4
http://www.diariodeleon.es/noticias/bie ... 52104.html

Máis de mil escolares que aprenden lingua e cultura galegas no Bierzo e Sanabria celebran o 'Día do galego' no marco das VIII Xornadas Martín Sarmiento
http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/ ... a-celebran

A revista 'Murguía' achégase á Biblioteca da RAG a través da Rede

Publicada: 14 Abr 2016, 16:48
por serba
"Sen dúbida, a Biblioteca da RAG é a mellor biblioteca para o estudo das letras galegas no século XIX, con monografías e publicacións periódicas, constituíndo unha gran biblioteca virtual galega". Así o salienta o artigo, asinado por Pedro Incio, que a revista Murguía lle dedica á Biblioteca da Academia desde a perspectiva das chamadas humanidades dixitais. O autor analiza a historia da dixitalización de fondos, examina a oferta a través da páxina web academia.gal e realiza tamén suxestións.

http://academia.gal/novas/-/asset_publi ... _count%3D4
- Enlace: http://www.foros.xenealoxia.org/viewtop ... 19&t=10733

A Biblioteca da RAG amosa unha mostra bibliográfica sobre o libro galego con agasallo

Publicada: 18 Abr 2016, 15:40
por serba
Catálogos sobre exposicións dedicadas ao libro galego e obras sobre a historia da imprenta en Galicia compoñen a escolma de volumes que esta semana amosa a Biblioteca da Real Academia Galega co gallo do Día do Libro, que se celebra o sábado, 23 de abril. As persoas que visiten estes días este servizo da rúa Tabernas, 11 recibirán como agasallo unha das obras editadas pola RAG.

http://academia.gal/novas/-/asset_publi ... _count%3D4

A Real Academia Galega lamenta o pasamento de José Isorna

Publicada: 28 Abr 2016, 04:14
por serba
A Real Academia Galega expresa o seu fondo pesar polo pasamento de José Isorna Ferreirós, membro correspondente desta institución.

http://academia.gal/novas/-/asset_publi ... _count%3D4

O enxeñeiro químico Juan Lema ingresa na Academia Galega de Ciencias

Publicada: 26 Mai 2016, 12:12
por serba
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou no Pazo de San Roque (Santiago) o acto de ingreso de Juan Manuel Lema Rodicio, catedrático no Departamento de Enxeñería Ambiental da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que se integra na Sección de Ciencias Técnicas. A súa continúa a rolda de incorporacións á institución neste ano, no que en total se integrarán catro novos académicos de diversas áreas de coñecemento.

http://www.gciencia.com/ciencia/o-cated ... e-ciencias

A RAG dixitaliza documentos antigos de particulares co gallo do Día Internacional dos Arquivos

Publicada: 06 Xuñ 2016, 19:00
por serba
Ten carnés, salvocondutos ou pasaportes vellos? Conserva diplomas ou nomeamentos dos seus familiares? Atesoura recordatorios de bautizos, comuñóns ou vodas de hai moito tempo? Garda documentos curiosos ou históricos? Co gallo do Día Internacional dos Arquivos, que se celebra o vindeiro día 9, a Real Academia Galega convida a todas as persoas que o desexen a compartir o pasado a través dos documentos particulares deste tipo que conserven. Do 6 ao 10 de xuño a RAG desenvolverá unha campaña de dixitalización gratuíta dos materiais, que posteriormente amosará en academia.gal.

http://academia.gal/inicio/-/asset_publ ... _count%3D4

José Ramón Cancelo ingresa na RAGC

Publicada: 18 Set 2016, 16:09
por serba
GCiencia

O economista José Ramón Cancelo ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

O catedrático da Universidade da Coruña incorpórase na sección de Ciencias Económicas e Sociais

http://www.gciencia.com/ciencia/o-econo ... e-ciencias

O Pleno da RAG elixe a Chus Pato académica de número

Publicada: 05 Nov 2016, 15:41
por serba
O Pleno da Real Academia Galega, na sesión que celebrou esta mañá, elixiu académica numeraria a María Xesús Pato Díaz. A candidatura da escritora ourensá, coñecida como Chus Pato, fora oficializada no Pleno anterior para ocupar a vacante de Xosé Fernández Ferreiro, falecido o pasado 16 de decembro. Na mesma xuntanza de hoxe tamén foi elixido académico correspondente Clodio González Pérez.

http://academia.gal/inicio/-/asset_publ ... _count%3D4
- http://www.foros.xenealoxia.org/viewtop ... f=6&t=7705

O Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstolo premia a Henrique Monteagudo

Publicada: 21 Nov 2016, 11:54
por serba
O secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, acaba de ser distinguido co Premio Rosa dos Ventos, creado polo Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstolo para recoñecer cada curso unha persoa ou institución que se destaque pola súa contribución á cultura galega e pola defensa e valoración do labor que desenvolve o centro porteño...

http://academia.gal/inicio/-/asset_publ ... _count%3D4

Real Academia Galega

Publicada: 27 Nov 2016, 18:31
por serba
M. X. Blanco | Ribeira

O pleno da Real Academia Galega (RAG) elixía a comezos de mes a Clodio González Pérez (Cenlle, 1947) membro correspondente, destacando o seu labor como docente, compaxinado «cunha fecunda actividade investigadora e divulgadora no campo da historia e da etnografía», na que traballou «sobre a vida material, espiritual e cultural do pobo galego». O certo é que a lista de traballos publicados, tanto en solitario como de xeito colectivo, por este mestre xubilado que reside en Compostela é inmensa, pero a súa implicación coa cultura queda tamén demostrada no intenso labor que vén realizando desde hai tempo en organismos coma o Museo do Pobo Galego, o Consello da Cultura Galega ou a editorial Toxosoutos.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sa ... C12991.htm

Carlos Brandeiro e Jorge Mira, académicos correspondentes

Publicada: 17 Dec 2016, 18:43
por serba
O Pleno da Real Academia Galega acaba de aprobar o nomeamento de dous novos académicos correspondentes. Na xuntanza ordinaria celebrada onte na sede da institución, foron votadas favorablemente as propostas recibidas para outorgar este recoñecemento ao científico Jorge Mira Pérez e a Carlos Xavier Rodríguez Brandeiro, director xeral do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstolo de Buenos Aires.

http://academia.gal/inicio/-/asset_publ ... _count%3D4

Marilar Aleixandre ingresa na RAG

Publicada: 10 Xan 2017, 15:02
por serba
Marilar Aleixandre converterase oficialmente en membro de número da Real Academia Galega o vindeiro 14 de xaneiro. A escritora, bióloga, profesora e investigadora ingresará na RAG nunha sesión extraordinaria que terá lugar, a partir das 12 horas, no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela (Facultade de Xeografía e Historia), institución na que é catedrática de Didáctica das Ciencias Experimentais. A nova académica ocupará a cadeira que quedou vacante tras o pasamento de Xosé Neira Vilas.

http://academia.gal/inicio/-/asset_publ ... _count%3D4

De Roma ata Lixboa. Estudos sobre os cancioneiros galego-portugueses

Publicada: 16 Xan 2017, 14:34
por serba
A Facultade de Letras da Universidade de Lisboa acollerá o xoves 19 de xaneiro a presentación do libro de homenaxe á profesora Elsa Gonçalves, unha edición ao coidado do académico Henrique Monteagudo, de João Dionísio e de Maria Ana Ramos. O volume, De Roma ata Lixboa. Estudos sobre os cancioneiros galego-portugueses, recolle trinta traballos sobre lírica trobadoresca da investigadora portuguesa publicados entre 1976 e 2016.

O libro foi editado pola Real Academia Galega en colaboración coa Universidade de Lisboa, a través da Facultade de Letras -na que Elsa Gonçalves foi profesora de Literatura Medieval- e o Centro de Lingüística da Universidade de Lisboa.

http://academia.gal/inicio/-/asset_publ ... _count%3D4

RAG: documentos dixitalizados

Publicada: 19 Xan 2017, 16:36
por serba
O Arquivo da Real Academia Galega acaba de estrear unha nova fiestra na Rede que facilita o acceso ao público á totalidade do seu catálogo, composto por 32.628 documentos vinculados á historia de Galicia desde o século XI ata a actualidade. Este servizo en liña ofrece ademais copias dixitais de case 3.750 destes documentos.

http://academia.gal/inicio/-/asset_publ ... _count%3D4

* Fondos do Arquivo da Real Academia Galega
http://academia.gal/arquivo-fondos

BRAG nº 376

Publicada: 21 Xan 2017, 17:20
por serba
Mércores 25 de xaneiro de 2017 / 20:00 h

Presentación en Pontevedra do 'BRAG' dedicado a Xosé Filgueira Valverde

O Museo de Pontevedra (Edificio Sexto) acolle a presentación do número 376 do Boletín da Real Academia Galega, dedicado na súa parte monográfica a Xosé Filgueira Valverde, protagonista do Día das Letras Galegas de 2015.

http://academia.gal/axenda/-/journal_co ... tId=899978

O Arquivo da RAG custodiará as cartas de José Mejuto Bernárdez e Amador Domínguez Pan

Publicada: 03 Mar 2017, 17:38
por serba
A Real Academia Galega custodia desde hoxe as cartas escritas desde o cárcere por José Mejuto Bernárdez e Amador Domínguez Paz, ambos vítimas da represión franquista. Con estes epistolarios o Arquivo da institución "enriquécese de maneira notable precisamente nun capítulo que, sendo de moi especial interese, non está moi representado nos fondos documentais da Academia", salienta o presidente Xesús Alonso Montero.

http://academia.gal/inicio/-/asset_publ ... _count%3D4
viewtopic.php?f=24&t=9996

Víctor Freixanes, novo presidente da Real Academia Galega

Publicada: 29 Mar 2017, 14:36
por serba

A colección de pergameos enriquece os fondos da RAG dispoñibles na Rede

Publicada: 08 Xuñ 2017, 08:31
por serba
O Arquivo da Real Academia Galega acaba de completar unha importante incorporación aos seus fondos dixitalizados dispoñibles na Rede. A colección de pergameos da institución, 285 escritos do século XII ao XVIII, inclúe bulas, privilexios reais, foros, doazóns, contratos de compravenda, sentenzas xudiciais e outros manuscritos, de orixe pública e privada, agora dispoñibles para todo o público no Arquivo Dixital de Galicia. A RAG celebra así o Día Internacional dos Arquivos e, nas vésperas da conmemoración, propón unha viaxe á Idade Media, guiada polos académicos Pegerto Saavedra e Henrique Monteagudo, a través de dous destes pergameos destacados: o máis antigo e o máis vello dos escritos en galego que custodia da institución.

http://academia.gal/inicio/-/asset_publ ... _count%3D4
http://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/g ... tacion.cmd

Reconocidas y olvidadas

Publicada: 15 Out 2017, 16:48
por serba

Marina Mayoral ingresa na Real Academia Galega...

Publicada: 20 Nov 2017, 14:32
por serba
Marina Mayoral (Mondoñedo, 1942) ingresará o vindeiro 2 de decembro na Real Academia Galega como académica de honra. A novelista e investigadora, catedrática da Universidade Complutense de Madrid, é autora dun centenar de traballos sobre diferentes autores, entre os que destacan os dedicados a Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán, que a converten nunha autoridade nos estudos centrados en ambas as escritoras...

http://academia.gal/inicio/-/asset_publ ... _count%3D4

La RAG celebra los 40 años de la revista Encrucillada

Publicada: 16 Xan 2018, 19:24
por serba
recogen los artículos publicados desde 1977 sobre las personalidades a las que la RAG les dedicó el Día das Letras Galegas y otros trabajos sobre autores de la literatura gallega.En concreto, la publicación cumplirá cuatro décadas con la monografía As Letras Galegas na Encrucillada.

https://www.elprogreso.es/articulo/cult ... 90196.html
“O compromiso de ‘Encrucillada’ co galego é incondicional”
http://academia.gal/inicio/-/asset_publ ... _count%3D4

- http://encrucillada.gal

- 40 anos da revista Encrucillada
http://www.crtvg.es/informativos/40-ano ... da-3617235

Cadernos de Lingua nº 36 (2018)

Publicada: 26 Abr 2018, 17:59
por serba

Vídeo: RAG, Día dos Arquivos 2018

Publicada: 08 Xuñ 2018, 11:48
por serba
Co gallo do Día Internacional dos Arquivos, imos tentar achegar unha mínima imaxe do traballo que se fai nos arquivos para pór a disposición de toda a cidadanía os fondos documentais que neles se atesouran.

RealAcademiaGalega - Publicado el 7 jun. 2018
https://academia.gal/inicio/-/asset_pub ... _count%3D4

BRAG nº 378 (2017)

Publicada: 21 Xuñ 2018, 10:11
por serba

O Arquivo da Academia recibe unha doazón de correspondencia e manuscritos poéticos de Francisco Añón

Publicada: 08 Out 2018, 17:05
por serba
"Maldigo o ferro carril, / carros con lume e vapor, / que cal lóstrego sutil, / arrebatan de Madril / o meu amigo millor". Francisco Añón (Outes, 1812 – Madrid, 1878) dedicáballe o 13 de setembro de 1873 o poema que empeza con estes versos ao seu "querido amigo" Juan Bautista Neira, "salvado providencialmente no descarrilamento de Viana", o accidente acontecido dous días antes nunha ponte sobre o río Douro que deixou 21 mortos e 58 feridos. Parte do canto ao enxeñeiro lugués pode lerse agora nun dos manuscritos que acaba de doar á Real Academia Galega Enrique González-Añón Villar, descendente de quen foi destacado precursor do Rexurdimento.

https://academia.gal/inicio/-/asset_pub ... _count%3D4

- viewtopic.php?f=6&t=7591

RAG

Publicada: 19 Nov 2018, 15:59
por serba
A Academia reclama os fondos bibliográficos de Emilia Pardo Bazán para manter unido o seu patrimonio

https://academia.gal/inicio/-/asset_pub ... _count%3D4

Real Academia Galega

Publicada: 15 Dec 2018, 18:32
por serba
Mercedes Queixas Zas (A Coruña, 1968) foi nomeada membro correspondente da Real Academia Galega

https://academia.gal/inicio/-/asset_pub ... _count%3D4

RAG

Publicada: 08 Abr 2019, 17:54
por serba
Ana Romaní ingresa na Real Academia Galega...

https://academia.gal/inicio/-/asset_pub ... _count%3D4

O discurso de ingreso de Fraguas na Academia, dixitalizado nunha edición especial

Publicada: 07 Mai 2019, 18:32
por serba

BRAG Nº 379 (2018)

Publicada: 29 Mai 2019, 18:09
por serba