Fortaleza de Amarante -Antas de Ulla-
Publicado: 08 Feb 2013, 11:38
Un veciño, ante a muralla derruida (Foto: Mouriño)
http://elprogreso.galiciae.com/nova/229 ... a-amaranteAs intensas precipitacións deste inverno ocasionaron un importante derrube na muralla que rodea a fortaleza de Amarante, un dos monumentos máis representativos de Antas de Ulla. A edificación é unha proba do poderío hidalgo da comarca da Ulloa desde a Idade Media, cando foi levantada nas ladeiras do Montefaro pola familia Noguerol.
A vivenda palaciega sufriu diversas transformacións ao longo da historia e na actualidade conta con todos os elementos típicos dun pazo, coa súa capela, o seu hórreo e os seus escudos.