Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

Noticias de historia familiar
Respostar
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 16732
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

Mensaxe por serba » 12 Feb 2013, 08:42

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2013

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación, fai hoxe 20 anos. Foi creado co nome de Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro polo Decreto 25/1993 do 11 de febreiro coa finalidade de impulsar a investigación da lingua galega e completar, deste xeito, a que se viña facendo dende a Real Academia Galega e dende as tres universidades da nosa comunidade autónoma, nomeadamente a do Instituto da Lingua Galega. As súas áreas de pescuda fundacionais son lingua, literatura e antropoloxía, aínda que desenvolveu fundamentalmente as dúas primeiras.

Referente internacional en investigación
Nos seus 20 anos de andaina, o CRPIH deu a lume 211 produtos científicos: 9 recursos en liña de libre acceso, 96 libros e 106 publicacións que se poden consultar tanto en soporte papel coma na web.

Algúns dos seus proxectos convertérono nunha referencia internacional. Tal é o caso do Arquivo Galicia Medieval, con 5 bases de datos imprescindibles para quen queira achegarse ao estudo da nosa literatura antiga [...]
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... -educacion

- http://www.cirp.es
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 16732
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

Mensaxe por serba » 13 Nov 2013, 09:03

169.260 euros. Esa é a cantidade que a Xunta de Galicia destinará ao Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) co obxectivo de impulsar a investigación lingüística até o 2015.
Así o acordaron este martes a Consellería de Educación e as universidades de Santiago, A Coruña e Vigo para o apoio, dirección e asesoramento científico-técnico que recibirán, desde o ámbito universitario, case unha vintena de proxectos de investigación que ten en marcha o CRPIH, ente adscrito á Secretaría Xeral de Política Lingüística.
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/16510.html
- http://duvi.uvigo.es/index.php?option=c ... &Itemid=12
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 16732
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

Mensaxe por serba » 14 Xul 2015, 20:39

Cultura e Educación convoca 8 bolsas de formación en proxectos de investigación do Centro Ramón Piñeiro

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... ntro-ramon
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 16732
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Oito novos bolseiros incorpóranse como investigadores ao Centro Ramón Piñeiro

Mensaxe por serba » 25 Nov 2015, 09:08

Os seleccionados e os seus ámbitos de traballo son:

1) ANA OROL GONZÁLEZ (Etiquetadora/lematizadora do galego actual –Corga/Xiada-)

2) JOEL VARELA RODRÍGUEZ (‘Corpus Documentale Latinum Gallaeciae’ –Codolga-)

3) MARÍA LUZ VARELA ARMAS (Bibliografía informatizada da lingua galega –Bilega-)

4) MARÍA ALONSO ALONSO (Terminoloxía científico-técnica)

5) VERÓNICA POUSADA PARDO (Informes de literatura)

6) LAURA PIÑEIRO PAIS (Recuperación de textos poéticos e xornalísticos galegos)

7) CARMEN DE SANTIAGO GÓMEZ (Lírica profana galego-portuguesa)

8º) ADRIÁN GARCÍA ALONSO (Dimensións da identidade colectiva en Galicia)

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... on-pineiro
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 16732
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Forte impulso á investigación do galego no Ramón Piñeiro

Mensaxe por serba » 18 Feb 2016, 16:23

Mario Álvarez | Santiago

Co obxectivo de impulsar as actividades de investigación da historia da lingua e a literatura galega a través da labor que realiza o Centro Ramón Piñeiro en colaboración coas universidades galegas, a Consellería de Cultura, destinará máis de 287.000 euros.

http://www.elcorreogallego.es/tendencia ... cia-980776
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 16732
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

O Centro Ramón Piñeiro acolle desde hoxe o legado científico de Jürgen Untermann

Mensaxe por serba » 29 Set 2017, 18:17

A disposición dos investigadores

A familia cede este legado e, con el, os dereitos científicos do material, coa única condición de que o Centro Ramón Piñeirio o teña dispoñible de balde para uso e publicación de todos os investigadores interesados, tal e como o propio Jürgen Untermann fixo en vida.
http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/ ... -untermann

- O doutor Matthias Untermann fai unha importante doazón ao Centro Ramón Piñeiro
http://www.crtvg.es/informativos/o-dout ... ro-3468356
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 16732
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

O Centro Ramón Piñeiro presenta o novo CORGA 3.0

Mensaxe por serba » 03 Nov 2017, 17:38

O secretario xeral de Política Lingüística deu a coñecer hoxe pola mañá a versión ampliada desta ferramenta lingüística en liña que incorpora preto de 37 millóns de palabras, das que case 600.000 son formas diferentes

http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/ ... -corga-3-0
Poblada soledad es hoy el mundo.

Respostar

Quen está en liña

Usuarios navegando por este Foro: Ningún usuario rexistrado y 1 invitado