Deixo aquí este escudo (ou o que sexa) que parece moi antigo por se alguén pode achegar información sobre el. Está nunha casa pequena do burgo do Penido, en Cuíña (Cervo).
Grazas de antemán.
ESTRAÑO E ANTIGO ESCUDO
Re: ESTRAÑO E ANTIGO ESCUDO
Home... extraño no é, porque son claramente as armas dos MONTENEGRO. Ahora, antigo, non semella moi antigo...
Chama a atención que sea circular. Non sei de ónde colleron esa "pedra armeira", pero desde logo esa parede non semella ser a súa ubicación orixinal.
Saudos.
Chama a atención que sea circular. Non sei de ónde colleron esa "pedra armeira", pero desde logo esa parede non semella ser a súa ubicación orixinal.
Saudos.
Re: ESTRAÑO E ANTIGO ESCUDO
Grazas pola información. A casa está moi cerquiña da antiga casa torre de Fontao, ou castelo, da que se ten falado por aquí. Non o pazo de Fazouro, senón a que estaba en Rueta, relacionada cos Cabarcos e os Bolaño . Todo na parroquia de Cervo.
Re: ESTRAÑO E ANTIGO ESCUDO
Pregunta...
A casa foi algunha vez un cenobio pequeno ou gardou relación con algún instituto relixioso? Digo porque a min aseméllaseme ao monograma da Virxe María... É dicir, a V(irgo) e maila M(aria), enlazadas formando un entramado, coa coroa (coma nas ladaíñas lauretanas: Raíña dos anxos, dos patriarcas, dos profetas, dos apóstolos, dos mártires, dos confesores, das virxes...). Por outra banda, a M coroada lémbrame tamén aos Vaamonde, ainda que lle faltarían as troitas, pero como di SFERMA, tal e coma está poderían ser as armas dos Montenegro, que inclúe somentes a M coroada.