ESTRAÑO E ANTIGO ESCUDO

Todo sobor das armas dos persoeiros e as súas liñaxes
Responder
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

ESTRAÑO E ANTIGO ESCUDO

Mensaje por LAVANDAL »

Deixo aquí este escudo (ou o que sexa) que parece moi antigo por se alguén pode achegar información sobre el. Está nunha casa pequena do burgo do Penido, en Cuíña (Cervo).

Imagen

Imagen

Grazas de antemán.
sferma
Foreiro
Foreiro
Mensajes: 78
Registrado: 16 Sep 2014, 10:17

Re: ESTRAÑO E ANTIGO ESCUDO

Mensaje por sferma »

Home... extraño no é, porque son claramente as armas dos MONTENEGRO. Ahora, antigo, non semella moi antigo...

Chama a atención que sea circular. Non sei de ónde colleron esa "pedra armeira", pero desde logo esa parede non semella ser a súa ubicación orixinal.

Saudos.
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

Re: ESTRAÑO E ANTIGO ESCUDO

Mensaje por LAVANDAL »

Grazas pola información. A casa está moi cerquiña da antiga casa torre de Fontao, ou castelo, da que se ten falado por aquí. Non o pazo de Fazouro, senón a que estaba en Rueta, relacionada cos Cabarcos e os Bolaño . Todo na parroquia de Cervo.
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Re: ESTRAÑO E ANTIGO ESCUDO

Mensaje por Pousada »

Pregunta...
A casa foi algunha vez un cenobio pequeno ou gardou relación con algún instituto relixioso? Digo porque a min aseméllaseme ao monograma da Virxe María... É dicir, a V(irgo) e maila M(aria), enlazadas formando un entramado, coa coroa (coma nas ladaíñas lauretanas: Raíña dos anxos, dos patriarcas, dos profetas, dos apóstolos, dos mártires, dos confesores, das virxes...). Por outra banda, a M coroada lémbrame tamén aos Vaamonde, ainda que lle faltarían as troitas, pero como di SFERMA, tal e coma está poderían ser as armas dos Montenegro, que inclúe somentes a M coroada. http://estaticos2.milanuncios.com/fg/1878/33/esculturas/Talla-Monograma-de-la-Virgen-siglo-XVI-187833844_1.jpg
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

Re: ESTRAÑO E ANTIGO ESCUDO

Mensaje por LAVANDAL »

Nunca oín que nesa casa nin lugar se gardase memoria dalgún edificio relixioso. Por outro lado, si existe presenza na zona da familia Montenegro, antigamente moi poderosa e con moita facenda, sobre todo na próxima parroquia de Castelo.

Inclúo foto da casa para que vos fagades unha idea.

Imagen
Responder