Libros Rexistro Civil (1841-1870) Arquivo municipal Ferrol

Noticias de historia familiar
Avatar de Usuario
kamarada
Novo
Novo
Mensajes: 9
Registrado: 02 Nov 2005, 09:00
Ubicación: Ferrol, Vigo
Contactar:

Libros Rexistro Civil (1841-1870) Arquivo municipal Ferrol

Mensaje por kamarada »

A quen interese:
Na miña última visita ó arquivo municipal de Ferrol comprobei o avanzada que teñen a base de datos do Rexistro Civil, o que serve de verdadeira axuda en caso de descoñecer datos concretos sobre nacementos, casamentos e defuncións no período 1841-1870.
Nesa base de datos que confeccionan no Arquivo podemos atopar:
- Rexistros de nacementos (desde 1841 ata 1870)
- Rexistros de matrimonios (desde 1841 ata 1870)
- Rexistros de defuncións (desde 1841 ata 1851). Aínda sen rematar.
- Rexistros de defuncións e enterramentos no antigo cemiterio de Canido desde 1882 ata 1912. Sen rematar.
A dirección de correo electrónico é: arquivo@ferrol-concello.es
Está situado na casa do concello, no segundo andar. Horario de atención ó público de 9 a 14 horas, de luns a venres.
Responder