Desde nena, na casa nos contaron a historia da familia de miña nai.
A historia, da que descoñezo as datas, debe transcorrer no século XIX, na época da desamortización de Mendizával.
Na parroquia de Cambás había un cura, que ao parecer chegou de Ourense, e que tiña unha criada oriunda de Betanzos. Estes dous personaxes tiveron tres fillas, polo cal o señor cura tivo uns cantos problemas coa Igrexa, como é de supoñer. O señor cura non recoñeceu as fillas, polo que herdaron o apelido materno Sordo.
Das tres fillas, a que quedou na casa, Helena, casou cun home de apelido Deibe ou Deive, non o sei certo, e tiveron uns cantos fillos, un deles meu avó Antonino Deibe Sordo.
A historia, algo telenovelesca, deixa moitas lagoas que para quen non ten unha fonte moi documentada, aínda son maiores.
Agradecería que se alguén coñece algo máis desta historia me puidese informar. Moitas gracias.
Familia Deibe ou Deive (S. Pedro de Cambás-Aranga)
- bego-garcia-deibe
- Novo

- Mensajes: 4
- Registrado: 08 Jun 2006, 09:00
- Contactar:



