Tárrio / Tarrío

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1267
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Tárrio / Tarrío

Mensaje por Pousada »

TARRÍO / TÁRRIO

ETIMOLOXÍA E SIGNIFICADO

Trátase dun apelido propiamente galego, de orixe aínda non definida de todo. Segundo a opinión do lingüista catalán Joan Coromines i Vigneaux (Barcelona, 1905-1997), o autor do Diccionario Crítico Etimológico de la Lengua Castellana, é da opinión de que as orixes do apelido Tarrío pódense remontar á palabra latina "terraceus" (terraza), a través da seguinte evolución:

terraceus -- tarraço -- tarro -- tarrio

Porén, o propio Coromines non as tiña todas consigo, pois dubidaba entre esta etimoloxía e outra que fai de Tarrío un apelido de procedencia árabe.

HERÁLDICA

En azur, unha torre de ouro, e saíndo da súa porta, un guerreiro de prata.

DISTRIBUCIÓN EN GALICIA (abonados ao servizo telefónico)

Provincia de A Coruña: 169 abonados.
Provincia de Lugo: 17 abonados.
Provincia de Ourense: 12 abonados.
Provincia de Pontevedra: 105 abonados.

TOPONIMIA

Trátase dun nome de lugar con bastante presencia na toponimia galega, o que pode ser indicativo da transformación en alcume, primeiro, e posteriormente en apelido formal. O nomenclátor de Galicia ofrece as seguintes coincidencias:

1.- Tarrío, na parroquia de San Pedro de Bugallido, no Concello de Ames (A Coruña)
2.- Tarrío, na parroquia de Santa María de Vilabade, no Concello de Castroverde (Lugo)
3.- Tarrío, na parroquia de San Pedro de Dimo, no Concello de Catoira (Pontevedra)
4.- Tarrío, na parroquia de San Xiao de Mandaio, no Concello de Cesuras (A Coruña)
5.- Tarrío, na parroquia de San Fiz de Asma, no Concello de Chantada (Lugo)
6.- Tarrío, na parroquia de Santo Estevo de Culleredo, no Concello de Culleredo (A Coruña)
7.- Tarrío, na parroquia de San Xián de Laíño, no Concello de Dodro (A Coruña)
8.- Tarrío, na parroquia de Santa Cristina de Vea, no Concello de A Estrada (Pontevedra)
9.- Tarrío, na parroquia de Santo Estevo de Perlío, no Concello de Fene (A Coruña)
10.- Tarrío, na parroquia de Santa María de Papucín, no Concello de Frades (A Coruña)
11.- Tarrío, na parroquia de Santiago de Xubial, no Concello de Melide (A Coruña)
12.- Tarrío, na parroquia de San Cristovo de Novelúa, no Concello de Monterroso (Lugo)
13.- Tarrío de Buxergos, na parroquia de Santa María de Tarrío, no Concello de Monterroso (Lugo)
14.- Tarrío, na parroquia de San Xián de Serantes, no Concello de Oleiros (A Coruña)
15.- Tarrío, na parroquia de Santa María de Cruces, no Concello de Padrón (A Coruña)
16.- Tarrío, na parroquia de Santa Cruz de Lesón, no Concello de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
17.- Tarrío, na parroquia de San Roque de Combarro, no Concello de Poio (Pontevedra)
18.- Tarrío, na parroquia de Santa María de Samieira, no Concello de Poio (Pontevedra)
19.- Tarrío, na parroquia de San Xián de Romai, no Concello de Portas (Pontevedra)
20.- Tarrío, na parroquia de San Pedro de Baroña, no Concello de Porto do Son (A Coruña)
21.- Tarrío, na parroquia de Santo Estevo de Queiruga, no Concello de Porto do Son (A Coruña)
22.- Tarrío, na parroquia de San Xulián do Carballal, no Concello de Santiago de Compostela (A Coruña)
23.- Tarrío, na parroquia de Santa Cecilia de Freán, no Concello de O Saviñao (Lugo)
24.- Tarrío, na parroquia de San Xoán de Rescende, no Concello de Teo (A Coruña)
25.- Tarrío, na parroquia de San Vicenzo de Bama, no Concello de Touro (A Coruña)
26.- Tarrío, na parroquia de San Cristovo de Beseño, no Concello de Touro (A Coruña)
27.- Tarrío, na parroquia de Santa María de Restande, no Concello de Trazo (A Coruña)
28.- Tarrío, na parroquia de San Cristovo de Xavestre, no Concello de Trazo (A Coruña)
29.- Tarrío, na parroquia de San Salvador de Coruxo, no Concello de Vigo (Pontevedra)
30.- Tarrío, na parroquia de Santiago de Goiriz, no Concello de Vilalba (Lugo)

Trátase dun topónimo, ademáis, que en todo o estado español só se atopa na comunidade autónoma galega, como se pode comprobar ao consultar no Nomenclátor do Instituto Nacional de Estadística

http://www.ine.es/nom/nomena.jsp
Responder