Pachona

Procuras sobor de apelidos ou temas relacionados
Responder
Avatar de Usuario
keizersdream
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 313
Registrado: 07 Nov 2002, 09:00
Ubicación: Amsterdam

Pachona

Mensaje por keizersdream »

Hola a todos,

Sabe alguien el origen de este apellido?

José
Tito1

Mensaje por Tito1 »

Pois si! Pachon, Pachona, en masculino e femenino asi como sexa muller ou home que o leven. Teño encontrado no val da Mahia, e como orixen primeira na parroquia de Ortoño, no lugar de As Cortes. Hoxe ainda existe un prado que se chama Os Pachóns. Bueno, existia porque xusto agora estan edificando en el. Domingo Pachón nado na segunda metade do seculo XVII e os seus decendentes e ascendentes eran de As Cortes. O seu apelido posiblemente proven da palabra latina medieval "PASTIONES", ousexa pastos para o gando. E un apelido que actualmente esta esquencido e non recordo ninguen que o teña.
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 248
Registrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Mensaje por Tito11 »

Domingo Pachón, tecelan, pobre e con 7 fillos, aparece en un memorial sobre o perdón de impostos de millóns en 1636, na Contaduria General de Hacienda, no Archivo General de Simancas. A fonte que o menciona non di de que lugar é, pero ben pudera ser do partido da Mahia, xa que na subida xeral de impostos de 1585, toda a bisbarra negarase a pagar ca amenaza de avandonar a terra.. Agora non me acordo da obra en que a lin..
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 248
Registrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Mensaje por Tito11 »

A obra onde encontrei a Domingos Pachón é: "Santiago y la tierra de Santiago desde 1500 a 1640", de Juan Eloy Gelabert Gónzalez, Edicións do Castro, 1980. Ah, e non era un perdón de impostos, senon un donativo; cobrabanos e despois donabanos..
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 248
Registrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Mensaje por Tito11 »

De forma un pouco casual, din con persoas na actualidade co apelido Pachon, en torno a Corrales del Vino, a 10 km de Zamora. Non teñen idea da orixen do seu apelido, pero ben pudera ser que sexa un apelido galego que se afincase en terras de Castilla e Leon, por mor da emigración temporal de galegos como xornaleiros as segas de cereal durante a epoca moderna
Responder