Correccións na liñaxe de Álvaro Cunqueiro

Investigación de xenealoxías
Cerrado
riotortense
Novo
Novo
Mensajes: 2
Registrado: 05 Dic 2006, 09:00
Ubicación: Riotorto
Contactar:

Correccións na liñaxe de Álvaro Cunqueiro

Mensaje por riotortense »

Ola,

Hai un erro importante na liñaxe de Álvaro Cunqueiro: onde di "Naceu na parroquia de San Martiño de Mondoñedo vila de Mondoñedo", en primeiro lugar San Martiño de Mondoñedo pertence ao concello de Foz, e Cunqueiro non naceu alí. Ademáis, Mondoñedo é cidade, non vila. Entón o correcto sería dicir "Naceu na cidade de Mondoñedo...", o que non sei é en cal das parroquias (O Carme, Os Remedios, Santiago...), iso habería que investigalo.

Por outra banda, o nome completo era Álvaro Patricio Cunqueiro Mora (o segundo nome venlle polo seu tío avó o cura Patricio Moirón Agüera, do que xa vos informei no seu día. Nesta zona (non sei se tamén no resto de Galiza) era frecuente que ao recén nacido se lle puxera o nome do padriño ou da madriña

Aproveito tamén que este é a miña primeira mensaxe como usuario rexistrado para saudar a toda a xente que le e escribe neste foro
Cerrado