Ola, son natural de Vilarbetote (antes Villarbotote), pequena localidade pertencente ao concello de Trabada. Se alguén pode darme algunha información sobre este topónimo estaríalle agradecido.
Hai publicado estudo extenso sobre a toponimia de Trabada por Xulia Marques Valeo, publicada pola Xunta. Na biblioteca de Filoloxía debería estar, xa que é unha tese de doutoramento dirixida por Anton Santamarina. Aí che resolverá bastantes cuestións sobre etimoloxías de topónimos.