Na defensa do noso idioma.

Noticias de historia familiar
Responder
Anonymous

Na defensa do noso idioma.

Mensaje por Anonymous »

Vexo que a páxina non está totalmente normalizada. Por favor, normalizadea; a nosa língua, a língua da nosa terra, periga se non facemos un esforzo entre todos. Unha aperta. X.
Avatar de Usuario
lumebóo
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 128
Registrado: 03 Feb 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol

Na defensa do noso idioma.

Mensaje por lumebóo »

Ola Invitado:

Son un simple membro deste sitio e non teño ningunha responsabilidade orgánica nel. Somentes me move o interese pola xenealoxía do noso país e, por suposto, a defensa da nosa cultura e lingua.

Aínda que a túa pregunta vai dirixida aos responsables do site, permite-me que interveña. Non comprendo exactamente ao que te referes; se é á normalización lingüística penso que o criador de Xenealoxía.org terá as súas razóns ou posturas a respeito, e supoño que, en todo caso son as del e perfeitamente lexítimas. Se o que comentas é referente á normativización, no relativo á faceta oficial destas páxinas remito-te ao anterior; máis no tocante aos participantes e mesmo membros entendo que cada un é libre de seguir ou non a normativa institucional. Eu en concreto non a sigo porque non estou de acordo con ela en multitude de aspectos.

Un sáudo, Lumebóo

[ Esta mensaxe foi editado por: lumebóo on 01-11-2002 19:16 ]
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensajes: 2242
Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Na defensa do noso idioma.

Mensaje por kruzul »

Ola "X" e Lumebóo:
Entendo que no comentario X, estase a referir a que nunhas ocasións as noticias e artigos aparecen en galego, e outras en español. ¿Cal é o criterio? Por suposto que discutiblemente, o criterio é chegar ó maior número de xente interesada nos temas do sitio: a xenealoxía e cencias afins, e o relaccionado con elas e Galicia. Da miña experiencia como administrador, podo afirmar que a maioría das persoas que no mundo utilizan os buscadores, fanno utilizando os termos: apellidos, apellidos gallegos, genealogía gallega, genealogia de Galicia (un exemplo dos máis empregados); mentras que apelidos, apelidos galegos, xenealoxía, xenealoxía de Galicia apenas son utilizados. Ei de decir que antes de esistir Xenealoxía.org, tecleando xenealoxía no Google so saía unha páxina de Fillos, e unha da USC, agora as cousas cambiaron (as citadas siguen saindo).
A barra horizontal (en español) que duplica os enlaces do Menú Principal, ademáis de facilitar a navegación ten a función de que os motores de busca podan indexar tamén esos termos. Unha falla do diseño é de feito que non se incluan de momento dun xeito constante as palabras genealogía e Galicia, que soen tomar do enlace á lista de Galicia, e dalgún artigo.
Como idealmente gostaríame chegar a todas as persoas interesadas nos temas independentemente do idioma, voume alternando nos dous que manexo, según a noticia, e outras veces só reproduzo escritos de membros no idioma que eles comunmente empregan.
As zoas de interacción están en inglés, español e galego, a axuda en galego e español, todo o contido en galego ou español según o remitente, xa que dou prioridade ó contido e non ó idioma no que está expresado.
Técnicamente Xenealoxía.org podería estar enteiramente dobrada polo menos ó español e o galego (incruso ó inglés e ó portugués) pero é imposible para min facelo polo traballo que supón. Tiven que reducir os idiomas da interface ós tres actuais por non poder manter os máis, principalmente doeume o portugués no que sí estaba interesado.
Vou largo en esplicacións conscente que estou a tratar un tema polémico, que tampouco é o tema de Xenealoxía.org, ainda que viaxemos no mesmo barco.
Invitado estás, "X", a participar: traducir textos ó galego sería unha gran laboura, si dispuxeras de tempo, xa que ánimos, penso, non che faltan.
Saúdos:
Ricardo Lago Couce
Responder