Respostas Particulares - Catastro de Ensenada

Noticias de historia familiar
Avatar de Usuario
Lartovedo
Mozo
Mozo
Mensajes: 16
Registrado: 29 Ago 2006, 09:00
Ubicación: Samoedo-Sada

Respostas Particulares - Catastro de Ensenada

Mensaje por Lartovedo »

Teño un par de dúbidas acerca do Catastro de Ensenada.
Como podo consultar as Respostas Particulares para as parroquias do concello de Sada?
Das oito parroquias de Sada, catro (Soñeiro,k Veigue, Meirás, Mosteirón) formaban parte da Xurisdicción de Miraflores, polo que as súas Respostas Xerais aparecen xunto coas outras parroquias de Miraflores. Aínda así, cada parroquia ten, a parte, o seu capítulo individual, no que aparecen as respostas que non se contestaran no global de Miraflores. Nestes casos, ofrécese o nome e profesión de todos os veciños (cabezas de familia) de cada parroquia, mentres que nas parroquias non pertencentes a Miraflores (Sada, Carnoedo, Mondego, Osedo) tan só se ofrece o número de veciños. Existe, dentro do Catastro de Ensenada, un censo particular para cada parroquia no que apareza o nome dos veciños?
Moitas grazas.
Responder