
Acudimos por orde na foto de dereita a esquerda: Pousada, Sic-ario, Milleiro e Cruzul.
As comunicacións foron intensas e prolongadas saltando dun tema a outro según íanse producindo as conexións, pero centrándose sobre todo no futuro de Xenealoxía.org.
Nese senso falouse da posibilidade de convertela en asociación para asegurarlle un futuro independentemente dos ciclos vitais das persoas (por dicilo dun xeito científico
Falouse unha vez máis da necesidade de separar o proxecto en varias bases de datos que eviten que sexa unha soia e monstruosa.
Tamén separar a participativa (os Foros) para que o mantemento do contido publicado sexa mais sinxelo e con menos riscos de seguridade.
Sobro de todo falamos do proxecto Apelidos de Galicia, que xa ve próxima a súa saída coma proxecto con entidade propia, e correndo nunha sorprendente aplicación construída paso a paso por Sic-ario e que resposta especificamente ás necesidades do proxecto: un traxe á medida. Todo un luxo do que todos poderemos valernos dentro de pouco.
Estivemos valorando por iniciativa de Milleiro os pros e contras de que Apelidos fose unha "entidade" aparte de Xenealoxía.org. O que teña un dominio propio e que o sitio se adique exclusivamente á publicación de apelidos galegos ten a avantaxe de que centra ós buscadores nas pesquisas, e tamén como non ós aficionados que saben de inmediato que entran nun sitio só de apelidos, non como agora. No que estivemos de acordo todos é que debe de quedar claro i evidente na páxina que é un proxecto que nace de Xenealoxía.org e nas mesmas condicións legais de publicación.
Tamén falamos da necesidade de que as Liñaxes convértanse nunha base de datos xenealóxica real, na que cada persoa sexa un rexistro e da que podamos incluso obter o Gedcom correspondente, neste caso o software xa maduro que permitiría isto sería o PhpGedview, que algúns xa coñeceredes, e que entre outras vantaxes ten as de permitir poder a distintas persoas en lugares diferentes traballar nun proxecto xenealóxico común.
Os temas de investigación persoal, experiencias con distintos arquivos e parroquias de Milleiro e Pousada, tamén ocuparon a nosa conversa. Así como as anécdotas que lóxicamente se recordan nestes casos.
Tamén o núcleo de Xenealoxía.org agora pechado, vai sufrir un cámbeo de cara unha publicación máis áxil e sinxela das novas, e aquí estivemos valorando entre todos os problemas que podería traer de no peor dos casos non se puidesen mudar as contas coas alias de cada un. Isto pode acontecer así e de ser preciso sería necesario ter que rexistrase de novo, Pousada, recordounos os recentes cambios no AER nese senso.
Foron unhas catro horas intensas e seguro que deixo moitas cousas sen falar (é así), pero pódense completar








