Entre Sic-ario e maís eu fíxose a "mudanza". Pensamos que está todo, e non se perdeu nada.
Non cambiamos apenas nada na estética para que o cambio apenas se note.
Hai unha mensaxe posta por min en cada foro, "Reset de ..." que non ten outro senso que o de poñer unha "bandeiriña" para marcar os últimos enviados dende o outro foro para maior claridade administrativa. Para os máis non serven para nada

As mensaxes privadas, perfiles de usuarios, e todo o relaccionado coa comunidade de Xenealoxía.org terá que facerse a partir de hoxe dende aquí.
Deste xeito liberamos o sitio principal para poder traballar nel sen problemas de variacións nos datos.
A modo de recordatorio para os que non soen borrar nunca as súas "cookies", para facer "login", entrar como usuario rexistrado nos foros, tendes que seleccionar no menú de enriba (baixo a liña da cabeceira) o enlace que dí "Login" e introducir o voso nome de usuario e clave.
Se esquencíchedes a clave, solicitar unha nova polo propio sistema, e, POR FAVOR non dirixirse ó "Contacto" do sitio.
Se houbese calquer cousa que non fose ou atopades que falla, por favor comuicádeo por aquí.