Mangana

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
Sic-ario
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 141
Registrado: 28 Nov 2004, 09:00
Ubicación: Pontevedra (España)
Contactar:

Mangana

Mensaje por Sic-ario »

MANGANA

Significado:
Non sei o significado de este termo, pode provir do verbo Mangar.
Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica.

Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de Ourense atopamos 106 persoas, nos concellos de Xunqueira de Ambía e Baños de Molgas.
- Provincia de A Coruña atopamos 18 persoas.
- Provincia de Pontevedra atopamos 14 persoas.
So atopamos 1 persoa na provincia de Lugo.

- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Cádiz, Madrid, Biscaia, Araba, Guipúscoa, etc. Un total de 258 persoas atopamos co apelido MANGANA.

- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en Ourense 78 aboados. Un total de 170 aboados atopamos con MANGANA de primeiro ou de segundo apelido.

TOPONIMIA:
No se atoparon lugares en Galicia coa grafía MANGANA.

DOCUMENTOS do A.R.G.:
DON PLÁCIDO DE FIGUEROA, TESORERO DEL ARZOBISPO DE SANTIAGO, CON FRANCISCO MANGANA GONZÁLEZ, VECINO DE SANTA MARÍA DE ALMOITE, Y DON JUAN ALONSO VÁZQUEZ DE LA TORRE, HERRADOR, VECINO DEL BURGO DE CALDELAS, ARRENDATARIOS DE LAS RENTAS DEL VOTO EN ESTE PARTIDO, SOBRE EJECUCIÓN. AÑO DE 1739.

DOCUMENTOS do ARQUIVO XERAL DE INDIAS:
Non se atoparon documentos co apelido MANGANA.

DOCUMENTOS do ARQUIVO DA REAL CHANCELERÍA DE VALLADOLID:
Non se atoparon documentos co apelido MANGANA.

Fontes e Bibliografía : Páginas-Blancas de España, Infobel España 2004 (Guía Telefónica), Telecom de Portugal (apelidos paternos e maternos), Arquivo do Reino de Galicia, Arquivo Xeral de Indias, Arquivo da Real Chanceleria de Valladolid, AER (Archivos Españoles en Red), Diccionario Xerais, Diccionario Cumio da Lingua Galega, GEG (Gran Enciclopedia Galega) e outras.
Nocelo
Novo
Novo
Mensajes: 1
Registrado: 28 Nov 2007, 16:29
Contactar:

Mangana

Mensaje por Nocelo »

Ramón Otero Pedrayo creia que Mangana era de orixe xudea e que despois do 1492 asentaronse pola zona de Molgas.
Curiosamente na cidade de Cuenca existe unha torre medieval chamada Torre Mangana, falando hai anos co responsable do arquivo contoume que non tiñan claro a orixe do nome xa que aparte da orixe xedea un historiador marroqui falou dunha orixe árabe...
Responder