Catrufo

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
Sic-ario
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 141
Registrado: 28 Nov 2004, 09:00
Ubicación: Pontevedra (España)
Contactar:

Catrufo

Mensaje por Sic-ario »

CATRUFO

Significado:
Non sei o significado de este termo.
Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica.

Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de A Coruña atopamos 45 persoas, nos concellos de Culleredo, Cambre e A Coruña.
Non se atoparon persoas no resto das provincias de Galicia.

- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Madrid, Baleares e Cáceres. Un total de 49 persoas atopamos co apelido CATRUFO.

- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en A Coruña 29 aboados . Un total de 34 aboados atopamos con CATRUFO de primeiro ou de segundo apelido.

TOPONIMIA:
No se atopa en Galicia.

DOCUMENTOS do A.R.G.:
BLAS CATRUFO , MARIDO DE CATALINA GARCIA, CON ANTONIO DE MEILAN, BARTOLOME PALACIOS Y OTROS. MISION EN POSESION DEL VINCULO FUNDADO POR JUANA GOMEZ DE NEIRA. AÑO DE 1677.

CONVENTO DE STO. DOMINGO DE LA CORUÑA CONTRA EL PADRE FR. LUIS MARTINEZ CONTRA DIEGO PIÑEIRO CATRUFO Y CONSORTES, SOBRE MARAVEDIS. AÑO DE 1522 A 1833.

Hai mais documentos pero no temos un resumo do seu contido.

Fontes: Infobel España 2004 (Guía Telefónica), Arquivo do Reino de Galicia, Diccionario Cumio da Lingua Galega, e outras.
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

Tratase, presumibelmente, dun apelido galego. Non teño constancia de liñaxes e pedras armeiras para familias con este apelido.
brigantium
Novo
Novo
Mensajes: 3
Registrado: 13 Feb 2008, 19:56

Mensaje por brigantium »

Hola, a orixe do apelido Catrufo é francesa, foi os descendentes de un dos participantes na batalla de Elviña que desertou e se quedou na aldea de Sésamo, o nome orixinal era Catruf, pero o hispanizaron, algunha vez como Catrufo e outras veces coma Cotrofe, eu pertenzo a línea de Catrufo.
Un saúdo
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

O apelido Catrufo existía na Galiza antes da batalla de Elviña....está documentado xa desde o século XVII.
Saúdos
brigantium
Novo
Novo
Mensajes: 3
Registrado: 13 Feb 2008, 19:56

Mensaje por brigantium »

Ok, non o sabía, é posible que a versión francesa fose unha nova rama, coñecín o meu bisabo e el estaba seguro, e decía que nos papeles das partidas de nacemento de Sésamo en Culleredo, recoñecían ese orixe, de feito na misma aldea quedaron outros apelidos franceses de outros desertores Deschampes, etc... non é por discutir, pero creo que está documentado o que comentei anteriormente.
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

Ola Brigantium,
Como verás na 1ª mensaxe hai un Blas Catrufo c.c. Catalina García en 1677, mais este mesmo aparece noutro documento de 1658.
Tamén o ARG recolle a un Juan Catrufo, probabelmente c.c. María Gómez en 1657, e a Diego Catrufo en 1699

É posíbel, non o descarto, que a orixe do apelido sexa extranxeira, se cadra francesa ou italiana, mais tamén a variante Cotrofe ven de vello no País Galego, así no Arquivo do Reino de Galiza (A Coruña) recolle algúns documentos:
- Juán Cotrofe en 1617
- Alonso Cotrofe en 1656
- Juan Ambrosio Cotrofe en 1775

Non sei se o apelido é galego, persoalmente chereimo mais o mellor de todo é que estudes a túa xenealoxía e investigues que hai de certo en todo o que contas.

Coa documentación que atopei non aparece a forma "de Catrufo" ou "de Cotrofe" polo que semella non ser de orixe toponímica. Pode ser un apelido de orixe de alcume e de feito para a variante "Cotrofe" Franco Grande no seu diccionario "Galego-Castelán" dí: "Parte posterior da testa", tamén recolle a verba "Castrofelo": Cepo ou raiz grosas de toxo ou brezo que aparece ao cavar un terreo.

Penso que a orixe do apelido é galega e probabelmente veña como un alcume.

Saúdos
brigantium
Novo
Novo
Mensajes: 3
Registrado: 13 Feb 2008, 19:56

Mensaje por brigantium »

Vaia home, e eu pensando toda a vida que tiña sangue dun desertor francés, e agora vai a ser que son galego, e que de desertor nada de nada, millor. :wink: É coña, trataréi de miralo, fai algún tempo tratei de investigar a orixe a través da Royal Green Jaquets, unha asociación de coruñeses que fan todos os anos recreacións da Batalla de Elviña, pero me dixeron que non había nengún rexistro dos que actuaran na batalla e que incluso non se sabía onde estaban enterrados os caídos (a fosa común porque a Sir Jonh Moore deixárono ben visible).
O da orixe francesa de algún dos veciños é seguro, pois o apelido Deschampes non creo que derive do galego, e que son descendentes de franceses desertores, tamén está demostrado, o que, polo que ti me contas, empezo a ter dúbidas é, se Catrufo é o mesmo caso, meu bisabuelo xuraba e perxuraba que sí, pero bueno, el naceu no 1898, e xa sería en todo caso a 5ª ou 6ª xeración caso de ser certo, e naqueles tempos non sei se levarían moi ben a conta da historia da xenealoxía. Agora, como é lóxico, non llo podo consultar, morreu no 1.993. Interesaríame saber algo máis da orixe deste apelido, como podo facer, as consultar o arquivo do Reino de Galiicia, están infortmatizadas?, son de balde?, igual descubro que o apelido francés era similar a Catrufo, e que o aproximaron para que non soara tan raro, a historia do meu bisabuelo contaba que o cura non lle gustaba o apelido (a igrexa sempre proborbónica :wink: ) e que o cambiou por un máis "español". Se me podes facilitar algún outro dato agradeceríacho e facilitariache o meu e-mail.
Graciñas de antemán.
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Mensaje por maviac »

Non podo entrar nesta discusión cunha proposta de solución, lamentablemente; o que creo é que a existencia de catrufos (con perdón) xa a fins do XVII, como Milleiro nos amostra, indica que a tradición que os vincula cunha orixe francesa se debilita moito, sobre todo porque eses catrufos do XVII non poden ter que ver coas guerras napoleónicas. Fica, pois como alternativas a da orixe galega, aspeito sobre o que non podo argumentar por falta de elementos, ou o da orixe extranxeira, e neste caso, a filiación francesa paréceme a menos probable porque non encontro no buscador de xenealoxía de Orange.fr un apelido que se pareza ou se relacione en calquera forma posible en francés con Catrufo. En cambio en Italia existe o apelido Cotrufo, que parece oriundo do Sul e que podería ser eventualmente a orixe dos nosos Catrufos. Pero nada disto é concluínte porem. Supoño que os interesados se poden explorar a sua liña xenealóxica poden descubrir algunha pista mais consistente.
Responder