Giadas / Giadans

Procuras sobor de apelidos ou temas relacionados
Responder
Avatar de Usuario
Per
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 448
Registrado: 03 Dic 2002, 09:00
Ubicación: Lugo

Giadas / Giadans

Mensaje por Per »

Non sabemos a cencia certa, si teñen a mesma orixe, nembargantes podemos decir que os Giadás son orixinarios da terra de Santiago, e cecais do lugar de Giadás, (Xiadas) na parroquia de Sta. Mariña de Gastrar concello de Boqueixon. Situado nun pequeno val atopase un caserío de catro o cinco vivendas recubertas por frondosos emparrados de vide.
Avatar de Usuario
Per
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 448
Registrado: 03 Dic 2002, 09:00
Ubicación: Lugo

Apellidos GIADÁS, GIADANS.

Mensaje por Per »

Cecais proveña do Antropónimo Visigotico Egilanis Egila-Anis. que dá lugar a os topónimos de Xiá (Friol). unha forma primitiva Egila-das. Tamen os modismos da zona das inmediacións do Pico Sacro. poden dar lugar a Xulian-das como Gian- das, Na cidade de Lugo as terras do mosteiro de Samos dan lugar a San Sillao, San Xillao, San Jillao. (Xilladas)
Avatar de Usuario
Per
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 448
Registrado: 03 Dic 2002, 09:00
Ubicación: Lugo

Apellidos GIADÁS, GIADANS.

Mensaje por Per »

Sexa como sexa, precisase de un traballo de investigación mais fondo. Poida que o apelido sexa causante do topónimo, ou o topónimo causante do apelido. Unha historia non comprovada dice que a orixe devese a un devanceiro extranxeiro (Xiadans) que se asenta cecais no lugar. Poida que tamen fose un mote, sin mais datos coido non se pode afirmar nada.
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

XIADÁS / XIADÁNS

DISTRIBUCIÓN NO PAÍS GALEGO
Coa grafia GIADAS
Provincia da Coruña: 23 abonados, na sua meirande parte na comarca de Compostela e algúns no concello de Boqueixón
Provincia de Pontevedra: 5 abonados
Non se atopan no resto do territorio galego.

Coa grafia GIADANS
Só hai na provincia da Coruña, 5 abonados. Nos concellos de Compostela e Teo.

Coa grafia GIADANES
6 abonados na provincia da Coruña: Compostela (1), Vedra (3), O Pino (1) e A Coruña (1)

LIÑAXE E PEDRAS ARMEIRAS
Non teño constancia
Responder