Neo / Neu

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
Sic-ario
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 141
Registrado: 28 Nov 2004, 09:00
Ubicación: Pontevedra (España)
Contactar:

Neo / Neu

Mensaje por Sic-ario »

NEO / NEU

Significado:
Neo= Prefixo de orixe grega que indica novo.

Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica.

Distribución Xeográfica:
Coa grafía NEO
- En Galicia
- Provincia de A Coruña atopamos 137 persoas, nos concellos de Rois e Brión.
So atopamos 1 persoa na provincia de Pontevedra e ningunha persoa na provincias de Lugo e Ourense.

- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Madrid, Asturias, Barcelona, Tarragona, etc. Un total de 164 persoas atopamos co apelido NEO.

- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en A Coruña 74 aboados. Un total de 199 aboados atopamos con NEO de primeiro ou de segundo apelido.

Coa grafía NEU
- En Galicia
- Provincia de A Coruña atopamos 45 persoas, nos concellos de Noia e Lousame.
Non se atoparon persoas co apelido NEU nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.

- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Alacante, Málaga, Barcelona, Baleares, etc. Un total de 97 persoas atopamos co apelido NEU.

- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en A Coruña 12 aboados. Un total de 68 aboados atopamos con NEO de primeiro ou de segundo apelido.


TOPONIMIA:
Soamente atopamos o lugar de O Neo, na parroquia de San Salvador de A Pinza, no concello de Sarria (Lugo).

DOCUMENTOS do A.R.G.:
Coa grafía NEO
Non se atoparon documentos.

Coa grafía NEU
Atopamos documentos, pero no temos un resumo do seu contido.

Fontes: Infobel España 2004 (Guía Telefónica), Arquivo do Reino de Galicia, Diccionario Cumio da Lingua Galega, e outras.
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 248
Registrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Mensaje por Tito11 »

Neu/Neo, proven ou concentrase no pasado no coto de San Xusto de Toxosoutos, no concello de Lousame
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Mensaje por maviac »

Respeito da significación do termo. Se ben chama a atención que sexa idéntico ao prefixo grego neo, como observa Sic-ario, non creo que teña absolutamente nada que ver. De momento a parte a miña incredulidade non podo aportar mais argumentos.
Cumprimentos.
Avatar de Usuario
SergioFigueiraTubio
Novo
Novo
Mensajes: 1
Registrado: 06 Ene 2007, 09:00
Ubicación: Perillo, Oleiros

Mensaje por SergioFigueiraTubio »

Eu coñezo a xente co apelido NEU, e son orixinarios da parroquia de Lesende, en Lousame.

Tamén estiven a ler o libro: "Os apelidos do Concello de Porto do Son" de Joaquín Torres del Río e nel dise o seguinte:

NEU:
Apelido catalán que tivo unha rama familiar asentada en Noia, e seguramente con algunha relación cos Neu sonenses.
Etimolóxicamente Neu ven do latín nix, nivis, "neve" en catalán neu "petits cristals de glace provinets de la congelació de partícules d´agua, en suspensió en la atmósfera, que caen en flocs"
ë posible que nun principio fose un alcume aplicado a alguén que tivese a súa pel moi blanca.




É sabido en Noia que houbo moito inmigrante catalán na época das salazóns.
Espero vos sirva de axuda.
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 248
Registrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Mensaje por Tito11 »

Pode ser que algunha rama poida ter relación co apelido catalán, pero o certo é que xa hai constancia documental del antes de ter arribado os cataláns na costa galega, a finais do s. XVIII.
Inclinome a pensar que proven de algun topónimo xa perdido da zona de Noia ou Lousame.
Responder