http://elprogreso.galiciae.com/nova/185314.html22/07/2012 - Cristina L. Felipe / El Progreso (Viveiro)
José Ramón Fernández pasouse o último ano recompilando casa por casa fotografas antigas que atestigüen a actividade das fábricas de conserva de Celeiro. Cando este diario o visitou na súa casa do grupo Atalaia tiña «unhas 130 ou 140», pero esperaba recibir máis, porque as achegas chegaron ata o último día e o primeiro que quere recalcar é un sincero agradecemento aos veciños que colaboraron. Con elas empezará a montar esta tarde a exposición ‘As conserveiras de Celeiro, onte', que se inaugura o mércores na Casa do Forno, integrada nas Festas Patronais e do Mar.
«Eu das fábricas tiña poucas, unhas 20, pero durante o ano fun xuntando casa por casa», comenta, e recibiu as achegas duns 25 veciños. «No Rancho Chico déixanme sobres cas fotos, logo eu escanéoas e vólvoas a levar», explica. Con todo non se conformou coa cesión a secas, de modo que empezou a preguntar aos celeirenses e con esa información fixo «un relato desde a primeira fábrica ata hoxe», datos que incorpora na exposición, pois cada fotografía leva unha reseña do seu contido e aparte elaborou outros paneis explicativos.
A industria que (case) esfumouse
A industria que (case) esfumouse
Poblada soledad es hoy el mundo.




