http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... r-lourenza"Cultura e Educación remata as obras de rehabilitación e reforzo no Mosteiro de San Salvador de Lourenzá"
Lugo, 24 de agosto de 2012.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, significou “a axilidade para acometer unha actuación de rehabilitación” no Mosteiro de San Salvador de Lourenzá por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
A representante do Executivo galego, xunto co alcalde de Lourenzá, Vidal Martínez Sierra, revisou os traballos acometidos durante as últimas semanas por parte do departamento autonómico, a través da Dirección Xeral de Patrimonio. As actuacións veñen de ser rematadas logo de que a empresa adxudicataria da obra concluíse as labores de recolocación de elementos pétreos do frontal do mosteiro e procedese á estabilización da estrutura da fachada deste edificio considerado Monumento Histórico Artístico dende o ano 1974.
Así mesmo, os informes elaborados polos técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura sobre o estado no que se encontra a fachada do mosteiro de San Salvador de Lourenzá constataron que esta non corre xa perigo de que acontezan novos desprendementos de pedras como os que aconteceron na pasada primavera.
Arias subliñou “o compromiso da consellería coa restauración e a conservación do noso patrimonio, que ademais se converte nun recurso turístico de primeira orde” e que, no caso do mosteiro laurentino supón a mellora nun ben que representa “unha xoia do barroco galego e un elemento de especial interese na ruta do Camiño do Norte a Santiago”.
Deste xeito recupera todo o seu esplendor un dos principais expoñentes do patrimonio monumental do norte da provincia, segundo destacou a delegada. A obra supuxo un investimento de preto de 10.000 euros nunha fachada que, coa súa estrutura actual, data de 1732 e foi deseñada polo mestre Fernando Casas y Novoa, autor tamén da fachada exterior do Pórtico da Gloria.
Mosteiro de San Salvador de Lourenzá
Mosteiro de San Salvador de Lourenzá
Poblada soledad es hoy el mundo.
Mosteiro de San Salvador de Lourenzá -visitas guiadas-
http://elprogreso.galiciae.com/nova/240 ... n-salvadorA alcaldesa de Lourenzá, a popular Emma Álvarez Chao, asinou un convenio coa parroquia de Santa María de Valdeflores, a través do seu párroco, Xosé Antonio Miguélez, para permitir visitas guiadas a todas aquelas persoas que queiran coñecer o mosteiro de San Salvador e que afectará tamén á igrexa de Santa María.
Ademais, nas propias dependencias da igrexa e outras de titularidade eclesiástica atópase o museo de arte sacro de Vilanova de Lourenzá que, recordou Álvarez Chao, «conta cunha importante colección incluíndo ourivarías, escultura, pintura, mobiliario e indumentaria».
Poblada soledad es hoy el mundo.
Mosteiro de San Salvador de Lourenzá
Poblada soledad es hoy el mundo.
Mosteiro de San Salvador de Lourenzá
Manuel Román Ramos
San Salvador de Lourenzá, o valor dun mosteiro
http://www.cronica3.com/2015/09/san-sal ... n-mosteiro
San Salvador de Lourenzá, o valor dun mosteiro
http://www.cronica3.com/2015/09/san-sal ... n-mosteiro
Poblada soledad es hoy el mundo.




