‘Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago’

Noticias de historia familiar
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

‘Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago’

Mensaje por serba »

"O Museo Diocesano de Barcelona acolle dende mañá a exposición ‘Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago’ organizada polo Xacobeo"

Dende mañá luns ata o día 14 de outubro os habitantes da Cidade Condal poderán descubrir con esta mostra didáctica a historia e os contidos do Calixtino, a época na que se fixo e unha síntese da historia do Camiño e dos seus valores culturais

O proxecto expositivo da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo percorrerá nos vindeiros meses outras cidades españolas como Madrid, León, Málaga ou Pamplona, e tamén europeas como Le Puy; Munich, Berlín ou Roma. Na organización desta mostra colabora a Fundación Catedral de Santiago e mais o Museo do Pobo Galego


Santiago, 30 de setembro de 2012.- Unha mostra didáctica sobre a historia e os contidos do Calixtino, o ambiente cultural no que naceu, a mentalidade da época, a catedral e a cidade de Santiago no século XII e unha síntese da historia do camiño de peregrinación e os seus valores culturais poderá verse a partir de mañá día 1 de outubro no Museo Diocesano de Barcelona ata o vindeiro día 14.

O proxecto expositivo, organizado pola S.A de Xestión do Plan Xacobeo da Secretaría Xeral para o Turismo en colaboración coa Fundación Catedral de Santiago e mais co Museo do Pobo Galego, inclúe como complemento importantes exemplos da creatividade artística contemporánea, en especial as láminas orixinais de Francisco Leiro que acompañan á primeira edición íntegra en galego do Codex.

Algunhas das pezas que se poden ver nesta mostra son orixinais e outras son edicións facsímile, como unha edición Facsímile do Códice Calixtino do século XII; unha peza orixinal dun capitel xeminado medieval dunha casa compostelá; un facsímile da cruz doada polo rey Afonso III en 874- peza de ouro e pedrería realizada en 2004-; un libro orixinal cunha escena de peregrinación con gravados do século XVI; ou un rosario de acibeche e prata do gremio de Acibecheiros de Santiago do século XIX.

Ademais poderán verse fotografías ampliadas da miniaturas do Códice; a reconstrución virtual dun altar maior románico da catedral de Santiago segundo unha descrición do Libro V do Calixtino e tamén disfrutar da música ambiental da exposición que procede das notacións orixinais do Códice Calixtino.

A mostra complétase con textos, fotografías, a posibilidade de visión completa do Códice en edición dixital, así como diversas recreacións audiovisuais baseadas en datos do Libro V do Códice, así como un programa de visita virtual á Basílica xacobeo denominado Libro de Pedra.

Artistas como Luis Gabú, Santy López, Tino Viz, Eutropio Rodríguez e Silvia Steinbach ilustran coas súas fotografías a vixencia dunha serie de textos orixinais do Liber Sancti Iacobi. Trátase dunha maridaxe perfecta entre o pensamento do século XII e a vivencia da peregrinación compostelá no século XXI.

A seguinte itinerancia desta exposición, que leva por nome A la luz del Calixtino. El Códice de Santiago está previsto que sexa a Madrid.

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... e-santiago
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Re: ‘Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago’

Mensaje por serba »

Santiago, 13 de xaneiro de 2013

Unha mostra didáctica sobre a historia e os contidos do Calixtino, o ambiente cultural no que naceu, a mentalidade da época, a Catedral e a cidade de Santiago no século XII, así como unha síntese da historia do Camiño de peregrinación e os seus valores culturais abre mañá luns as súas portas en Málaga. O lugar no que pode visitarse é o Ateneo de Málaga, na sala Pérez Estrada do Centro Cultural. A mostra, está organizada por Turismo de Galicia a través do Xacobeo e estará complementada cun ciclo de conferencias baixo o título Inverno Xacobeo.
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... arse-dende
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

'Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago', en Palermo

Mensaje por serba »

Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

‘Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago’, en Baiona

Mensaje por serba »

Baiona, 8 de agosto de 2013.- A sala de exposicións da Capitanía Marítima de Baiona acollerá durante todo este mes a mostra Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago, organizada por Turismo de Galicia a través do Xacobeo e que nesta itinerancia contou coa colaboración da Fundación Catedral de Santiago, do Museo do Pobo Galego e mais do Concello de Baiona e o Ministerio de Fomento, a través da Capitanía Marítima.
O Códice de Santiago
A exposición analiza a historia e os contidos do Calixtino, a época na que se fixo e fai unha síntese da historia dos valores culturais da Ruta Xacobea. Na mostra pezas como unha reprodución do Códice Calixtino do século XII, un libro orixinal cunha escena de peregrinación con gravados do século XVI ou un facsímile da cruz doada polo rei Afonso III en 874. A visión ampliada das miniaturas do Códice mestúrase cunha música ambiental que reproduce as notacións orixinais do libro.

Tamén hai un espazo para a contemporaneidade na exposición. O Códice pode verse en edición dixital. De igual modo, pode realizarse unha visita virtual á Catedral de Santiago a través do programa específicamente deseñado Libro de Pedra.

Ao tempo exponse o traballo dos fotógrafos Luis Gabú, Santy López, Tino Viz, Eutropio Rodríguez e Silvia Steinbach sobre a ruta, así como as láminas de Francisco Leiro que acompañan a primeira edición íntegra do Codex Calixtinus en galego.
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... ixtino-que
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Códice Calixtino y Archivo de la Catedral de Santiago

Mensaje por serba »

F. Franjo
La Catedral puso en marcha ayer las visitas guiadas y en grupos reducidos al Códice
Se llevarán a cabo los jueves a las 11.00 y a las 18.00 horas y habrá una modalidad para escolares
[...] los visitantes que accedan al archivo sí podrán ver el Calixtino, guardado en una urna de seguridad, además de los otros códices del archivo e incluso podrán conocer la sala capitular y la biblioteca. [...]
http://www.elcorreogallego.es/santiago/ ... cia-875651
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

‘Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago’

Mensaje por serba »

Mércores, 14 de setembro de 2016

13.00 - Inauguración da exposición 'Á luz do Calixtino. O códice de Santiago'
Igrexa da Universidade (Santiago)

http://xornal.usc.es/xornal/cal_axendas ... calView=-1
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder