A comunidade de montes cervense de Vilastrofe acordou celebrar o centenario da escola de San Román coa publicación dun libro que recolla toda a documentación relativa á construción.
«O volume tamén recollerá a vida do promotor do edificio, Manuel Candia, que foi emigrante en Bos Aires, e do que fora alcalde de Cervo, Xosé Álvarez e que promoveu a carretera de San Román a Burela», explica o presidente do colectivo, Leandro Río.
A Comunidade de Montes de Vilaestrofe conmemora o centenario da Escola de San Román coa edición dun libro
Aínda restan por perfilar certos detalles, pero o día 1 de Xaneiro cúmprense 100 anos da inauguración do Grupo Escolar, e pretendemos facer a presentación do libro do Centenario o día 10 de Xaneiro, no cal, entre outros actos, está previsto colocar un busto en honra a Manuel Candia, donante do Grupo Escolar emigrado na Arxentina.
Poderiamos decir que está practicamente rematado o libro conmemorativo, no cal se recollen datos moi significativos da parroquia de San Román, dende os nosos orixes e evolución, dende a construccións das Estradas por D. José Alvarez e a Escola por D. Manuel Candia, a construcción do teleclube, do campo de fútbol, da colocación do reloxo na escola, das distintas xeracións de nenos que foron á escola,… son partes fundamentais no libro. http://www.cronica3.com/2014/10/a-comun ... -dun-libro