Asociacionismo cultural en Galicia

Noticias de historia familiar
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Asociacionismo cultural en Galicia

Mensaje por serba »

A exposición itinerante “Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975)", ideada e organizada polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Fundación “10 de Marzo”, foi inaugurada hoxe día 3 ás 20 horas na igrexa da Magdalena en Ribadavia. A mostra, comisariada por Ricardo Gurriarán, rescata e destaca en vintedous paneis explicativos e nove vitrinas o papel dinamizador e transformador dos axentes e das asociacións culturais en Galicia nos últimos quince anos da ditadura franquista. [...]

Gurriarán lembra que a mostra baséase nunha importante recolleita de material, ano e medio de traballo para xuntar máis de vinte mil documentos -xa dixitalizados e depositados no Consello da Cultura Galega a disposición dos investigadores- e en entrevistas con dúas ducias de persoas relacionadas con aquela dinámica asociativa. Elaborouse asemade un libro-catálogo no que 19 autores analizan outras tantas facetas daquel legado asociativo orientado á defensa e á promoción da lingua e da cultura de Galicia. Figuran aí as contribucións de Antón Santamarina, Henrique Harguindey, Camilo Nogueira, Xosé María Palmeiro, Xosé Luís Chao, Xosé Carlos Sierra, Lalo Gutiérrez, Manuel Lourenzo, Tino Caamaño, Alfonso Vázquez Monxardín, Antón Costa, Miguel Anxo Seixas, Manuel F. Rodríguez, Euloxio R. Ruibal, Elías Torres, Martinho Montero, Luís Álvarez Pousa, Xesús Alonso Montero, Malores Villanueva e Manuel Caamaño. [...]
http://www.consellodacultura.org/noticia.php?id=2681
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Evento: Asociacionismo cultural en Galicia

Mensaje por serba »

Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975)

Concello da Rúa, do 30 de xullo ao 30 de agosto

A exposición "Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975)", comisariada por Ricardo Gurriarán, explora o universo cultural de finais do franquismo e o papel das asociacións culturais na recuperación da lingua e cultura de Galicia na época.

http://www.consellodacultura.org/evento.php?id=200127
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración

Mensaje por serba »

Museo de la Ciudad de Móstoles, ata o 3 de novembro
A exposición itinerante NÓS MESMOS. ASOCIACIONISMO GALEGO NA EMIGRACIÓN, organizada polo Consello da Cultura Galega, a través do seu Arquivo da Emigración Galega, e en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia.

A exposición resume máis dun século de historia do asociacionismo galego na emigración, que cristalizou nos primeiros anos do século XX, particularmente en Arxentina e Cuba. “A experiencia compartida da emigración é a pedra fundante do edificio do asociacionismo. E éste é o motivo central desta exposición temática, dedicada a rastrear a particular historia da identificación e afirmación das colectividades galegas no exterior. Que o seu título sexa “Nos mesmos”, alén dun vago aceno irlandés, indica ben ás claras que o que se pretende subliñar é xustamente, esta capacidade da emigración galega para autoorganizarse nos seus lugares de destino”, afirma Ramón Villares Presidente do Consello da Cultura Galega.

http://www.consellodacultura.org/evento.php?id=200128
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Asociacionismo cultural en Galicia

Mensaje por serba »

La sede de Turismo Rías Baixas, en la avenida de Santa María, acoge hasta el próximo 13 de enero la exposición Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975). Tiene como propósito dar a conocer la historia de las asociaciones culturales en Galicia durante los últimos 15 años de dictadura franquista, así como poner de manifiesto la importancia de su labor en el proceso de recuperación y dignificación de la cultura gallega.
Este proyecto expositivo, organizado por el Consello da Cultura Galega y la Fundación 10 de Marzo, sitúa su punto de partida en 1961, año de creación de O Galo, la primera asociación cultural gallega, y se desarrolla a través de 22 paneles explicativos y vitrinas que ofrecen al espectador una perspectiva de los comienzos del asociacionismo y de la posterior puesta en marcha de diferentes asociaciones como O Facho o Abrente.
http://pontevedraviva.com/cultura/9108/ ... as-baixas/
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder