O Foro de Amigos de Ferrol envía para a súa edición un novo traballo no que dase a coñecer o estado actual de conservación das tres pedras armeiras máis antigas da cidade (século XVIII) baixo o título de “As antigas pedras de armas da cidade ilustrada".
Sendo Pedro Bayón o Alcalde Maior da vila, na sesión municipal celebrada o 22 de Xuño de 1778, o Concello ferrolán acordou que o escudo de armas da vila consistise nunha torre ameada de dous corpos co seu farol sobre unha pértega, con canóns, bandeiras e áncoras nos laterais da torre. Segundo a tradición, o farol e a torre do escudo puideran tela súa orixe neses mesmos elementos levantados no peirao ferrolán, engadíndose as bandeiras, áncoras e canóns por mor da declaración de Ferrol como capital do Departamento. Durante o posterior mandato do Alcalde Maior Álvarez Caballero se labraron en pedra os primeiros escudos de armas de Ferrol que aínda se conservan como sinais de identidade da cidade: os situados nas fontes de San Roque e da Fama, e o colocado na antiga Casa Consistorial.
http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/75892
"As antigas pedras de armas da cidade ilustrada" (Ferrol)
"As antigas pedras de armas da cidade ilustrada" (Ferrol)
Poblada soledad es hoy el mundo.




