O indiano Antonio Fernández construiu en Barallobre (Fene, A Coruña) a orixinal "Casa da Maleta", un edificio único e irrepetible coroado pola figura dun emigrante cunha maleta e que porta na súa man un facho, símbolo de cultura, educación e progreso. Outro emigrante, Arxentino da Rocha Alemparte creou tamén na súa localidade natal de Xunqueira de Ambia en Ourense un gabinete das marabillas. A peripecia relátase nun libro (O gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte) que veñen de publicar en Edicións Xerais Irene e Rodrigo Pérez Pintos.
Ernest Hemingway dixo do galego universal Arxentino da Rocha Alemparte (Xunqueira de Ambía, 1886-Camagüey, 1959) que «de non ser galego, só sería crible como personaxe literario». Xeneroso filántropo, como tantos outros indianos, o proxecto persoal para el máis querido foi o seu museo de Xunqueira de Ambía, coñecido informalmente como O Gabinete das Marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte polas súas indiscutibles similitudes coas renacentistas coleccións de curiosidades xerme dos museos actuais.
http://radiofusion.eu/manager.php?p=FichaNova&ID=16184
Arxentino da Rocha Alemparte (N. Xunqueira de Ambía, 1886)
Arxentino da Rocha Alemparte (N. Xunqueira de Ambía, 1886)
Poblada soledad es hoy el mundo.




